lunes, 6 de diciembre de 2021


 mochila viaxeira 2020-21. 

Xa está á vosa disposición o libro encadernado coas vosas opinións e comentarios da mochila viaxeira que levastes no curso anterior (2020-21). 

Aquí vai unha pequena mostra do resultado, pero hai moito máis. Animádevos a botarlle un vistazo, paga a pena. 😊😊😍

Desde o equipo de biblioteca, soamente nos resta darvos as grazas pola vosa colaboración. 👏👏👏

 

 Charla sobre "Violencia de xénero e o novo contexto dixital"

O alumnado de segundo de ESO asistiu, o pasado venres día 3 de decembro, a unha charla sobre: "Violencia de xénero e o novo contexto dixital", onde puideron aclarar dúbidas e compartir inquedanzas e opinións sobre o tema.

viernes, 19 de noviembre de 2021

COLABORACIÓN CON "VOZ NATURA"

Como en anos anteriores, o noso centro segue a participar no proxecto "Voz Natura" para acondicionar os espazos naturais do centro ao mesmo tempo que se lle inculca aos rapaces o respecto e amor á natureza.

  

Neste curso o alumnado de 3º de primaria será o encargado de acondicionar o xardín anexo á nosa biblioteca.

No primeiro trimestre realizaron labores de limpeza e deixaron o xardín preparado para posteriores plantacións.

Moitas grazas a todos polo voso traballo!!!

 
 

lunes, 15 de noviembre de 2021

            MAGOSTO

Un ano máis, desde a biblioteca animamos á realización de diversas actividades relacionadas co magosto, unha festividade de grande raigame na nosa zona. Para iso, quixemos ambientar a biblioteca, e decoramos tanto a porta como o hall que está a carón da mesma. 

Ademais, puxemos á disposición da comunidade educativa os fondos existentes na biblioteca, así como os ordenadores, que os nenos utilizaron para buscar información e realizar todo tipo de consultas. 

Por último, expuxemos na biblioteca os traballos realizados polo alumnado, que está a disposición de todos para que o poidades ver cando queirades.  


 

  

martes, 2 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN 

O Samaín é unha das datas que celebramos por todo o alto no noso colexio e este ano non ía ser menos a pesar das restriccións. 

Desde o equipo de biblioteca, propuxemos unha actividade de investigación sobre varios personaxes de terror pertencentes á tradición oral galega: as meigas, a santa compaña, o urco, o home do saco, a lavandeira da noite, o lobisome, as serpes, os trasnos, os mouros e as mouras. Cada clase escolleu un dos personaxes para facer un pequeno traballo de investigación en grupo e preparou unha breve exposición oral e, ademais, cada aula decorou a porta co personaxe escollido. A biblioteca tamén puxo á disposición dos distintos grupos tanto os fondos que temos sobre o tema, como os ordenadores para buscar infomación. 

 O día do Samaín, o alumnado foi rotando polas distintas aulas para falar do personaxe que lles tocou e facer partícipe ao resto do colexio da súa investigación. 

Así quedaron as portas do cole: 

Esta é unha pequena mostra das exposicións orais que realizaron os nosos alumnos e alumnas:

Nos días previos decoramos o hall e a biblioteca para ir ambientando o centro e colaborar co resto das aulas.

Ademais diso, o día do Samaín, houbo varias sesións de contacontos na biblioteca para os máis pequenos, que aproveitaron a ocasión para disfrutar dos contos que seleccionamos para eles coa temática propia desta data.


lunes, 25 de octubre de 2021

24 de outubro, día das bibliotecas escolares.

Nesta data tan especial para nós, fixemos unha "reinauguración" da nosa biblioteca, para celebrar que este ano de novo podemos voltar a facer uso dela. 

Tamén aproveitamos este día tan especial para poñer en circulación a nosa mochila viaxeira, que coma en anos anteriores, leva un libro en galego, un libro en castelán, un libro temático e un xogo para que poidades disfrutar en familia. Esperamos que vos guste!!!


 

 

viernes, 15 de octubre de 2021

HORARIO DE EMPRÉSTITO. 

No presente curso escolar, teremos que seguir a manter os grupos burbulla á hora de visitar a nosa biblioteca. Por ese motivo, os distintos grupos teñen asignado un recreo á semana para que poidan realizar os empréstitos e dovolucións dos fondos. Ademais, o día asignado poden utilizar libremente a biblioteca para ler, usar os ordenadores, xogar, buscar información, etc.

Este é o horario: 



 

 

jueves, 14 de octubre de 2021

Recunchos e máis recunchos! 

A biblioteca escolar é un ezpazo para ler, investigar e traballar, pero tamén é un sitio marabilloso para relaxarse, falar e xogar. E por iso fixemos distintos recunchos que favorezan a realización de todas estas actividades.

Recunchos para ler e traballar.

Zona de ordenadores.
Zona para relaxarse, ler e falar.

Recuncho de xogos. 

Zona para o material audiovisual.

Recuncho de prensa, revistas e traballos de consulta.
 
Zona de novidades.


 


 

 Novos carteis.

Estes son os novos carteis para sinalizar os fondos e axudarvos a encontrar máis facilmente os libros que buscades. 



miércoles, 13 de octubre de 2021

Expurgo e nova distribución de espazos. 

Por fin este ano recuperamos a nosa biblioteca escolar, que no curso pasado estivo a funcionar de comedor para os de infantil, polos motivos que xa todos sabedes.

Durante o mes de setembro e a primeira quincena de outubro mantivemos a biblioteca pechada, xa que decidimos redistribuír os espazos, para facer os fondos máis asequibles e fáciles de atopar, sobre todo para os máis pequenos. 


Agora temos tres zonas ben diferenciadas: zona de secundaria, zona de primaria e recuncho de infantil. Esperamos que vos guste a nova distribución e que vos sexa máis fácil orientarvos na nosa biblio. 



miércoles, 9 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente, un tema que sempre está de candente actualidade, debido aos retos medioambientais aos que nos enfrontamos como sociedade, de ahí a importancia de concienciar ao noso alumnado nos valores de protección e defensa do medio ambiente. 
Coma sempre, o noso alumnado voluntario mostrouse especialmente activo e foi visitar aos nenos de infantil para lles regalar unhas semprevivas, que pasarán a formar parte do seu "xardín da paz", que como todos lembramos é unha iniciativa que comezamos con motivo do día da paz coa plantación das nosas "plantas da paz".
 

 

martes, 18 de mayo de 2021

 DIA DAS LETRAS GALEGAS.

O 17 de maio celebramos o día grande da nosa literatura, que este ano estivo adicado á escritora Xela Arias Castaño. Na súa homenaxe, o centro realizou múltiples actividades: decoramos o hall cun gran mural realizado con acrósticos e imaxes, fixemos unha lectura de Kamishibai para os máis pequenos, resolvemos cuestionarios e actividades online e xuntámonos todos no patio do colexio para cantar o himno galego. 

Esta é unha pequena mostra das actividades realizadas: 

No mural combinamos imaxes e acrósticos realizados polo noso alumnado.

 

Para facer os acrósticos utilizamos o nome da escritora.

              

 

Os alumnos de 3º B elaboraron un Kamishibai para contarlles aos máis pequenos a vida de Xela Arias, a nosa homenaxeada. 

 

Tamén houbo moitas actividades, cuestionarios, busca de información e visionado de vídeos que propuxemos desde o equipo de biblioteca en colaboración co ENDL. 

viernes, 23 de abril de 2021

 23 de abril, día do libro.

Neste día tan especial, o noso voluntariado de biblioteca preparou un conto para lles ir ler aos máis pequenos. 

Valeria e Edyan foron a 4º de Infantil a ler o conto: Un vampiro peligrozo.

 

 


A Gara e Valentino tocoulles ir a 5º de Infantil para ler: Un lobo con mucha hambre.
 

 Lúa e Mateo  visitaron 6º de Infantil para contarlles: El pedo más grande del mundo.
   

        
                                                                                                                 
   Mamadou e Gael foron os encargados de ir a 1º de primaria para lerlles: La ovejita que vino a cenar. 
 
  
 
                                                                                    
A 2º de primaria, foron Aroa e Roi, que leron: No abras este libro.
 
 
Xian e Cecilia leron o conto Feroz, o lobo en 3º de primaria.   
 
 
O resto do alumnado do cole fixo a portada do seu libro favorito, que aproveitamos posteriormente para expoñer no hall do colexio.


jueves, 22 de abril de 2021

 PROXECTO "BICHIÑOS"

Sarela, Daniela e Mounir, que forman parte do voluntariado da nosa biblioteca, acudiron recentemente a Infantil, para lles levar unha selección de libros da biblioteca que lles servirán de consulta para o proxecto que están a realizar nesta avaliación: "os bichos".

Pero ademais dos libros, leváronlles una sorpresa: uns vermes de seda xunto coa súa casiña, para que vexan de primeira man o proceso da metamorfose. 

Tamén colocaron os libros de consulta, xunto cos vermes, nun recuncho do hall de Infantil, para que tod@s @s nen@s poidan seguir diariamente a súa evolución. 

Por último, os maiores de Infantil saíron ao areeiro onde teñen a grande sorte de ter unha moreira para coller comida para os vermes.