martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Para celebrar esta data programamos dúas actuacións de contacontos:
Unha para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria co contacontos Anxo Moure que xa había tempo que non nos visitaba.
A outra para o resto da Educación Primaria no auditorio de Coles co espectáculo de maxia e a historia de Marco Polo.
En Secundaria rematarán o Gran Libro de "As viaxes de Faildiño" xa escomenzado o curso anterior.
Marcapáxinas con poemas e libros de contos para os máis pequenos foron outras actividades desenvolvidas con motivo desta conmemoración.


 





 


 


martes, 16 de abril de 2019

XOGANDO A SER FAÍLDE

Despois de acudir á exposición en Ourense do escultor que dá nome ao centro ideamos un obradoiro de escultura. Alí traballamos (alumnado de 3º e 4º de Primaria) inspirados polas esculturas de Antonio Faílde e guiándonos polos libros que hai na biblioteca sobre esta figura. A profesora de Secundaria, que tamén é unha artista recoñecida, axudounos e deu pautas para modelar a plastilina e o alumnado de 4º de ESO tamén colaborou coa súa axuda



 


.
O resultado quedará para unha exposición permanente no centro.



sábado, 13 de abril de 2019

CREAMOS CONTOS para unha biblioteca inclusiva

MATERIAIS BIBLIOGRÁFICOS ELABORADOS  PARA ALUMNADO CON TEA( TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA) E  RETRASO XERALIZADO DO DESENVOLVEMENTO NA AULA ESPECÍFICA DE EDUCACIÓN ESPECIAL NESTE CURSO:

LIBROS DE CONTOS CON PICTOGRAMAS:
Adáptase “ El conejo blanco” con traducción a galego e imaxes ,  pictogramas  e narrativa axeitada ao  nivel do alumnado. Compleméntase co libro de preguntas en relación co texto e cun panel mural e persoaxes para a súa representación.                                                                                                                                                 
MANUAIS CON PICTOGRAMAS  PARA TRABALLAR OS CENTROS DE INTERÉS
Son manuais das áreas de Ciencias Naturais e Sociais que se elaboran como ampliación de contidos traballados en anos anteriores e novos manuais.
Durante este curso elaboráronse os seguintes:
“PAISAXE DE OUTONO ”,
“FALAMOS DO NADAL”
   
 “PAISAXE DE INVERNO”,   
“ O ENTROIDO”         
       
 “ÁRBORES E PLANTAS”.

LIBROS DE LECTOESCRITURA  GLOBAL CON PICTOGRAMAS
Son libros con vocabulario que se foi traballando nos centros de interés.

domingo, 7 de abril de 2019

Polo Día da Auga e as Árbores

Traballamos polo Día da Auga e as Árbores un libro de Antonio Perozo que a Deputación de Ourense nos enviou como agasallo. Despois de lelo na Hora de Ler, de comentalo e analizalo fixemos debuxos e manualidades sobre os lugares visitados na provincia de Ourense pola Dama de Auga e as Negras Sombras, coñecimos as árbores que aparecen na historia e as súas propiedades...