jueves, 22 de abril de 2021

 PROXECTO "BICHIÑOS"

Sarela, Daniela e Mounir, que forman parte do voluntariado da nosa biblioteca, acudiron recentemente a Infantil, para lles levar unha selección de libros da biblioteca que lles servirán de consulta para o proxecto que están a realizar nesta avaliación: "os bichos".

Pero ademais dos libros, leváronlles una sorpresa: uns vermes de seda xunto coa súa casiña, para que vexan de primeira man o proceso da metamorfose. 

Tamén colocaron os libros de consulta, xunto cos vermes, nun recuncho do hall de Infantil, para que tod@s @s nen@s poidan seguir diariamente a súa evolución. 

Por último, os maiores de Infantil saíron ao areeiro onde teñen a grande sorte de ter unha moreira para coller comida para os vermes.