domingo, 27 de octubre de 2019

SAMAGOSTIÑO

Este ano decidimos unificar nun mesmo día as próximas dúas festividades que están moi pertiño no tempo, o Samaín e o Magosto o Samagostiño.
Comezamos cunha seleción de títulos co tema do medo para esta ocasión (xa unha semana antes da celebración). E para a derradeira semana de outubro o seguinte programa:

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O...

SAMAGOSTIÑO






-Contacontos nos recreos:
Luns: Historia do Samaín
Martes: A Santa Compaña
Mércores: O rei Cintolo

-Un dos lugares da Xincana Samagostiño onde se levará a cabo a proba Tetricocionary en inglés e galego e a dramatización de personaxes de medo.
-Exposición de debuxos co lema “personaxes do cambio climático que den medo”

-Exposición de contos de medo e lectura dos mellores.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro para celebrar esta efeméride puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras en sete cursos e oito aulas do centro, elexindo co profesorado titor as mellores opcións que nos proporciona a biblioteca para crear nov@s lectores. Cada familia poderá dispoñer dunha semana para disfrutar cos libros en galego, castelán e inglés e os DVDs proporcionados, cando xa recorran todos os fogares poderán volver a encherse as mochilas con outras novidades. Tamén disporán dun caderno para anotar todas as impresións producidas á hora de ler ou ver este material.

 

jueves, 17 de octubre de 2019

CHALECOS PARA OS COLABORADORES.-AS

A proposta de visibilizar máis aos colaboradores e colaboradoras da biblioteca colleu forma e decidimos que sería un chaleco, cun logo creado para a ocasión. A eles gustoulles!

miércoles, 16 de octubre de 2019

NOVA GUÍA DE USUARIOS

Acabamos de rematar a  Guía de Usuarios da Biblioteca  elaborada polo equipo de biblioteca. Agora distribuirase a través dos titores e titoras polas distintas aulas do centro.



jueves, 10 de octubre de 2019

TEMA DO CURSO

Como dende Bibliotecas Escolares este curso non propuxeron ningún tema, o equipo de biblioteca despois de debatir elexíu o  Cambio Climático como tema a desenvolver durante este periodo. Un tema de candente actualidade que podemos levar a cabo nas diferentes actividades programadas para esta tempada.

Por exemplo, nas actividade Samaín buscando personaxes que den medo dentro desta emerxencia: lume, tormentas, xeo, plásticos...