martes, 23 de diciembre de 2008

Premio Nobel de Literatura- 2008

Día das Bibliotecas

Con motivo da celebración do día das bibliotecas convocamos un concurso de marcapáxinas para os nenos e nenas de Primaria.
Tamén entregamos a todos os nenos e nenas do colexio un carné da biblioteca para poder levar libros en préstamo para a súa casa.

Concurso de marcapáxinas

Guía de uso da Biblioteca

Actualización do blog

Por fin, actualizamos o noso caderno de bitácora. Queremos recordar algunhas actividades realizadas o ano pasado e tamén invitarvos a que participedes na elaboración do noso blog.
Os nenos e nenas de 6º de Primaria actuaron de anfitrións na biblioteca para os de tres anos.
Dramatizaron o conto "Os tres porquiños" e despois os pequenos o colorearon.

Actualización do Blog

Por fin, actualizamos o noso caderno de bitácora. Queremos recordar algunhas actividades realizadas o ano pasado e tamén invitarvos a que participedes na elaboración do noso blog.

Os nenos e nenas de 6º de Primaria actuaron de anfitrións na biblioteca para os de tres anos.

Dramatizaron

Actividade: Os tres porquiños

Rutas literarias

En maio, os alumnos/as de 4º de Secundaria viaxaron a Soria co programa Rutas Literarias.
Alí coñeceron algo mellor a obra de Antonio Machado, percorreron os lugares que marcaron a súa poesía e conviviron cun grupo de alumnos/as do instituto Quintiliano de Calahorra.
Seguidamente podedes ver algunhas fotos desta viaxe. Na primeira foto están os nosos alumnos/as e os de Calahorra na aula na que impartía clases Antonio Machado no instituto que leva o seu nome.

Rutas literarias

Actividade do Día do Libro

lunes, 15 de diciembre de 2008

O día do libro


O día do libro, inspirándonos na novela Farenheit 451, viaxamos a un horroroso futuro no que a lectura estaba prohibida. Os que lían acababan no cárcere ou nun hospital. Por suposto, o goberno controlaba e manipulaba a información.
Os bombeiros levaban un casco grabado co número 451, a temperatura á que arde o papel na escala Farenheit. Xa non se dedicaban a apagar incendios senón a queimar libros.
Un grupo de alumnos de 3º da ESO asumiron o papel de homes e mulleres-libro, aprenderon de memoria obras da literatura universal e as recitaron.





O conto Ruídos


Os alumnos de 6º de Primaria de Olga ilustraron o conto Ruídos. Posteriormente a profesora Elena elaborou unha película coas imaxes do conto e as voces dos alumnos.