jueves, 24 de diciembre de 2015

martes, 22 de diciembre de 2015

O APALPADOR CHEGA AO CPI ANTONIO FAILDE

O venres, 18 de decembro, os alumnos/as de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación de Primaria recibiron a visita do "Apalpador".

lunes, 7 de diciembre de 2015

CONTINUAMOS DÁNDOLLE UNHA NOVA CARA Á BIBLIOTECA

Despois da man de pintura, e elexindo esta das cores que decoran os nosos libros no seu lombo, colocamos os monicreques (elaborados xa no ano 2008 e almacenados noutro lugar) que deron vida aos personaxes de A Esmorga en varias ocasións. A figura de Blanco Amor ao seu carón simboliza un lugar especial nesta biblioteca para o autor e a obra máis universal da nosa provincia.

CHEGA A FIGURA DO APALPADOR

Para este Nadal acordamos resgatar a figura do Apalpador e a súa historia a través da biblioteca
 

miércoles, 2 de diciembre de 2015

TRABALLO: CLASIFICANDO FOLLAS

Os alumnos/as de 5º de E.P. saíron ao patio do colexio acompañados pola súa profe para coñecer as árbores que hai no mesmo. Recolleron follas de cada unha das árbores  para secalas e logo clasificalas. O outro motivo da sáida foi que aprendesen o nome das árbores e que soubesen recoñecelas polas súas follas.
Seguidamente buscaron información sobre a forma de clasificar as follas: polo peciolo, polo limbo, polo borde...


O seguinte paso foi clasificar as follas que secaran nunhas fichas dadas pola profe.

A HISPANIA ROMANA

Os alumnos e alumnas de 5º de E.P. fixeron un proxecto de investigación sobre a Hispania Romana.
Nunha primeira fase buscaron información sobre os pobos que habitaban a Península antes da chegada dos romanos. Con esta información elaboraron unha presentación de diapositivas e expuxeron o seu traballo aos alumnos/as de 6º de E.P.

A segunda fase do traballo consistiu en buscar información sobre as fases da conquista romana, a organización territorial, a sociedade hispanorromana e o legado artístico que nos deixaron os romanos.
Coa  información obtida elaboraron por grupos diferentes murais e expuxeron o seu traballo aos seus compañeiros.

IBEROS, CELTAS E POBOS COLONIZADORES

martes, 1 de diciembre de 2015

CENTENARIO DE CERVANTES

O vindeiro ano 2016 celebraremos o IV centenario da morte do escritor español máis coñecido polo mundo, Miguel de Cervantes. Pero este 2015 tamén foi o IV centenario da publicación da segunda parte  do seu libro máis universal "Don Quijote de la Mancha" Iremos adiantando actividades para compartir con todos esta data. Tamén celebraremos a adicación das Letras Galegas a Manuel María e faremos unha exposición permanente coas súas obras .