domingo, 31 de marzo de 2019

EXPO FAÍLDE

Investigamos sobre o escultor que dá nome ao noso centro a partires da visita á exposición que está tendo lugar en Ourense.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria será o encargado de  espallar o legado de Antonio Faílde ante os demáis.
Na exposición fixéronnos de regalo para a biblioteca un libro coa obra do escultor que nos servirá para os traballos posteriores: a reprodución dunha obra elexida por eles mesmos.

 

jueves, 28 de marzo de 2019

INVESTIGAMOS

Reunímonos na biblioteca para investigar sobre animais que forman parte dos "Superheroes".
É un traballo de investigación dentro do proxecto do mesmo título.
A biblioteca ofrece materiais e fondos para esta actividade.

 

sábado, 23 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA E...

...e da non discriminacíón por motivo da raza.
Para esta ocasión organizamos un recital de poesía para alumnado de Infantil por parte do voluntariado solidario e un concerto de gospel para o alumnado de Primaria, onde nos contarán un conto sobre un neno africano vendido como esclavo.


 



domingo, 10 de marzo de 2019

8 de MARZO

Para este día preparamos carteis con lemas en clave de IGUALDADE e analise da situación actual das MULLERES con respecto ao pasado. Resaltando o grande traballo que aínda queda por facer.
Tamén os distintos grupos de Secundaria e Primaria están a recibir charlas sobre este tema através de obradoiros educativos lúdicos.


domingo, 3 de marzo de 2019

DESFILE DE ENTROIDO


Como remate desta semana tan intensa o venres pola tarde desfilamos coas nosas confecións polo patio do noso cole. Invitamos tamén aos familiares do noso alumnado a disfrutar desta tarde especial.
A viaxe polo mundo incluía os seguintes países dos cinco continentes:
América con disfraces de vaqueiros
Europa con disfraces de andaluzas
Asia con disfraces de chinos (con dragóns incluídos) e ninjas do Xapón
Africa con masais e o antigo Exipto
O Polo Norte con esquimós
Na ESO por grupos do que quixeron.
O equipo de Biblioteca foi o encargado da busca de cancións (poemas) que se poideran bailar para o desfile. Foron as seguintes:
Para Infantil (esquimós)-  Nanuk el esquimal
Para 1º de EP (antigo Exipto)- Nos vamos a Egipto
Para 2º (chinos)- Soy el Chino Capuchino Mandarín
Para 3º (ninjas)- Canción ninja, Blaze and the monster machines.
Para 4º (vaqueros)- Look at the cowboy
Para 5º (sevillanas)- El toro y la luna
Para 6º (massai)- Massai reggae by yamat ole meibuko.