lunes, 31 de mayo de 2010

Actividades Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, alumnos de 3º da ESO organizaron un recital poético.

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, os alumnos de 3º da ESO prepararon un recital poético.

martes, 25 de mayo de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


Solución á 7ª pregunta: Sócrates foi envelenado con cicuta. A cicuta ou cegude é unha planta herbácea de cheiro desagradable que alcanza os dous metros de altura, de talos ocos manchados de púrpura e follas de ata 30 cm. As flores son brancas e dispóñense en umbelas de ata 5 cm de diámetro.
¡¡Noraboa!!: Nieves Rodríguez, Pilar Pérez e Miguel López.

viernes, 21 de mayo de 2010

Concurso As preguntas encadeadas



Solución á 6ª pregunta: a víbora fociñuda.

De novo atoparon a resposta Miguel, Nieves, Pilar e Lucía.


7ª e última pregunta: A víbora fociñuda inocula veleno coa súa mordedura. Non só os animais son portadores de substancias tóxicas. Hai tamén moitas plantas velenosas. Entre elas está unha planta común en Galicia coa que foi asasinado Sócrates. Cal é o nome desa planta? Cales son as súas características?


jueves, 20 de mayo de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


A resposta correcta é Parque Nacional da Peneda-Gerês .
Miguel, Nieves, Lucía e Pilar: só quedan dúas preguntas.

Sexta pregunta: O Parque da Peneda-Gerês linda cun parque natural español. Nese parque habita un reptil característico. Cal é o seu nome?

miércoles, 12 de mayo de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


Solución á cuarta pregunta: A resposta era o reino de Portugal. A Miguel López, Pilar Pérez, Nieves Rodríguez e Lucía Rodríguez xa só lles quedan tres preguntas por responder.

Quinta pregunta: En Portugal, que hoxe xa non é reino senón república, existen varios espazos naturais protexidos, pero só un deles ten a categoría de Parque Nacional. Cal é?

martes, 4 de mayo de 2010

Día da Paz

Presentamos algúns dos traballos de investigación realizados polos alumnos de Secundaria.




lunes, 3 de mayo de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


Solución á terceira pregunta: A catedral é a de Ourense. Comenzouse a construír no século XII seguindo o estilo románico. Outra vez descubriron a resposta: Miguel López (3ºB), Pilar Pérez (4ºB), Nieves Rodríguez (4ºA) e Lucía Rodríguez (4ºB)


4ªPregunta: No século XII configuráronse as nacionalidades peninsulares. Que reino xorde agora?


lunes, 26 de abril de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


Solución á segunda pregunta: O autor do prólogo de Seis poemas galegos foi Blanco-Amor e a súa primeira novela, La catedral y el niño.
De novo averiguaron a resposta: Miguel López (3ºB), Pilar Pérez (4ºB), Nieves Rodríguez (4ºA) e Lucía Rodríguez (4ºB).

3ªPregunta: Blanco-Amor escribiu La catedral y el niño pensando na catedral dunha cidade galega. En que século comezou a construción desta catedral? A que estilo artístico pertence?






jueves, 22 de abril de 2010

23 de Abril : Día do Libro

Hoxe, aproveitando que é o Día do Libro, presentamos un número máis da revista "Cole´s". Este ano presenta algunha actividade de búsqueda de información e outras actividades similares ao número do ano pasado. Esperamos que disfrutedes moito coas actividades que vos propón.
Tamén convocamos un concurso de búsqueda de información que chamamos "Como andas en cultura galega" para os alumnos/as de 3º ciclo de Educación Primaria. Teredes que responder correctamente 15 preguntas sobre a nosa cultura ( música, cine, TV, literatura ).
Os tres primeiros alumnos que entreguen as respostas correctamente recibirán como premio unha película, un CD de música ou un libro.

Concurso: Como andas en cultura galega?

Revista Cole´s

lunes, 19 de abril de 2010

Concurso As preguntas encadeadas

Solución á primeira pregunta: O poeta andaluz era Federico García Lorca e o título do poemario, Seis poemas galegos.
Averiguaron a resposta:
Miguel López (3ºB)
Nieves Rodríguez (4ºA)
Pilar Pérez (4ºB)
Lucía Rodríguez (4ºB)

2ª Pregunta: O prologuista de Seis poemas galegos foi un célebre escritor galego. En 1948 publicou en Bos Aires a súa primeira novela. Como se chamaba ese escritor? Cal é o título desa obra?



lunes, 12 de abril de 2010

1ª Pregunta Concurso As preguntas encadeadas


Enlazamos esta pregunda coa solución da última cuestión da edición anterior: Dali foi o pintor surrealista que colaborou con Buñuel na película "Un perro andaluz".
Dali e Buñuel coñeceron na Residencia de Estudiantes de Madrid a un famoso poeta e dramaturgo andaluz da Xeración do 27. Este escritor publicou unha colección de poemas en galego. Cal é o título dese poemario?


2ª Edición Concurso As preguntas encadeadas

Convocamos unha nova edición do concurso As preguntas encadeadas coas mesmas bases que o curso anterior:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar sete preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta e tamén se exporá na porta da biblioteca.
5) Os alumnos terán ata o venres desa mesma semana para atopar a resposta. As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as sete preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.

miércoles, 10 de marzo de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

miércoles, 3 de febrero de 2010

Celebración do Día da Paz

O día 29 celebramos o día escolar pola Paz.
Os nenos e nenas de Primaria e algúns cursos de Secundaria fixeron uns traballos de investigación sobre diferentes personaxes ou institucións que lles otorgaron o Premio Nobel da Paz.
O venres 29 os alumnos de cada curso contaronlle aos demáis a vida dos personaxes que eles investigaran.
No vídeo podedes ver a presentación dos traballos dos nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria.

miércoles, 20 de enero de 2010

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Celébrase o día 30 de xaneiro no aniversario da morte de Gandhi.
Dende a biblioteca propoñemos para esta conmemoración a elaboración dun traballo de investigación acerca dalgún personaxe que loitase pola paz. Poderase escoller algún dos galardonados co Premio Nobel da Paz ou calquera outro do que valoremos o seu traballo.
Algúns dos nomes que recomendamos son: Martín Luther King, Gandhi, Nelson Mandela, Teresa de Calcuta, Dalai-Lama...
Poden participar todos os grupos do centro e o traballo pode elaborarse en distintos formatos dependendo do nivel dos alumnos: murais, power point...
O día 29 cada grupo presentará ao resto do alumnado o seu traballo.