viernes, 20 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

A felicitación para este Nadal xurdíu do cartel enviado polo Equipo  de Bibliotecas Escolares a primeiros de curso, del fixemos unha árbore de Nadal recortando as diferentes escenas que representaban os diferentes espazos da biblioteca escolar.

VISITA DO APALPADOR

Xa pola tarde do último día de clase chegou o Apalpador. Anxo Moure, vello coñecido deste cole agasallounos coa súa presenza e coa do seu borriquiño. Contounos a súa historia e de como o Apalpador do Courel chegou a ser o Papá Noel despois de emigrar e chegar por error ata Laponia.
Rematou cun alegato ecoloxista para a protección das nosas árbores, fragas, rios e mares para loitar así contra o cambio climático.


 

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES

O voluntariado solidario, que cada ano que pasa é máis numeroso, preparou lecturas, unha obra de teatro e panxoliñas para os maiores desta residencia, a máis perto do colexio e do mesmo concello.

Coma sempre unha experiencia inesquecible.

RECOMENDACIÓNS PARA LER NO NADAL

No panel expositor da entrada do colexio expuxemos obras recomendadas polo alumnado voluntario da biblioteca. Eles mesmos decidiron recomendar as máis divertidas.

Decoramos o noso espazo cunha árbore de Nadal a tartires  dun cartel

miércoles, 18 de diciembre de 2019

CARTAS AO APALPADOR

É  a hora de pedir os nosos desexos para estas festas. Puxemos a figura do Apalpador á entrada da biblioteca e un modelo de carta que poden pedir para escribir ou debuxar os seus desexos.

Tamén intercambiamos felicitacións co colexio de Salvaterra do Miño, como no ano anterior. Todas a sclases de Infantil e Primaria confecionaron unha felicitación.

martes, 10 de diciembre de 2019

DEREITOS HUMANOS

Polo Día dos Dereitos Humanos e tamén os Dereitos do Nen@ limos e traballamos estes contos da nosa biblioteca e fixemos un cartel:


:

jueves, 5 de diciembre de 2019

INICIAMOS AS BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe comezamos a ler na biblioteca aos máis pequenos e tamén na clase de Infantil. Cada ano aumenta o numero de voluntarios solidarios e isto é unha satisfacción para o equipo de biblioteca que ve como o alumnado de 5º e 6º de Primaria está tan disposto a sacrificar os seus recreos en favor desta solidariedade. Os libros elexidos son contos dos nosos fondos,con moita imaxe e pouca letra e a interpretación forma parte da súa maneira de contalo.
                         
 

lunes, 25 de noviembre de 2019

NON É NON

Ao longo destas semanas tivo lugar un taller contra a violencia de xénero que culminará coa elaboración dun grafiti nunha parede exterior do colexio.Tamén se realizaron carteis e murais en diferentes clases. A biblioteca foi un dos lugares onde se realizaron eses carteis ou pancartas xigantes.
Para o día 25 están previstas estas accións:
-Visita do director de curtametraxes David Fidalgo Omil para contarnos a súa vida como creador  e un trailer sobre a súa última obra.
-Lectura dun manifesto.
-Cantamos a Rozalén.
-Participamos nun grafiti coa imaxe de Clara Campoamor co grafiteiro Enrique Gistau.

Mural feito a partires da lectura do libro"Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa"



Do libro "Rosa Caramelo"

jueves, 14 de noviembre de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Durante este mes faranse experimentos científicos nas diferentes clases e logo faremos na biblioteca unha exposición con todos eles.
Aproveitamos esta celebración para dar a coñecer os fondos mercados co diñeiro concedido para STEAM. Así como a exposición de libros científicos á entrada da biblioteca.
Tamén se dará a coñecer a figura da nosa coñecida científica Margarita Salas, polo seu recén falecemento.


De non ser por Margarita Salas, a ciencia en España non se tería desenvolvido como o fixo nas últimas décadas.
Foi pioneira da bioloxía molecular, un dos campos en que máis científicos españois despuntaron. Destacou como investigadora nunha época na que era unha anomalía que unha muller se adicara án ciencia. No dubidou en marcharse a Estados Unidos para ampliar a súa formación, lo que tamén era excepcional para a época.
A célula animal e vexetal

viernes, 8 de noviembre de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

Chegou o momento da verdade: saber foi merecedor ou merecedora dos premios aos mellores traballos do concurso. Houbo para case totod@s! Un por clase.
Primeiro os autores  premiados leron, ensinaron e incluso representaron para tod@s na biblioteca as súas obras. Despois veu a entrega dos premios.
Elexíuse a "Hora de Ler" do xoves e venres
como momento para a celebración.
 


 



domingo, 27 de octubre de 2019

SAMAGOSTIÑO

Este ano decidimos unificar nun mesmo día as próximas dúas festividades que están moi pertiño no tempo, o Samaín e o Magosto o Samagostiño.
Comezamos cunha seleción de títulos co tema do medo para esta ocasión (xa unha semana antes da celebración). E para a derradeira semana de outubro o seguinte programa:

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O...

SAMAGOSTIÑO






-Contacontos nos recreos:
Luns: Historia do Samaín
Martes: A Santa Compaña
Mércores: O rei Cintolo

-Un dos lugares da Xincana Samagostiño onde se levará a cabo a proba Tetricocionary en inglés e galego e a dramatización de personaxes de medo.
-Exposición de debuxos co lema “personaxes do cambio climático que den medo”

-Exposición de contos de medo e lectura dos mellores.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro para celebrar esta efeméride puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras en sete cursos e oito aulas do centro, elexindo co profesorado titor as mellores opcións que nos proporciona a biblioteca para crear nov@s lectores. Cada familia poderá dispoñer dunha semana para disfrutar cos libros en galego, castelán e inglés e os DVDs proporcionados, cando xa recorran todos os fogares poderán volver a encherse as mochilas con outras novidades. Tamén disporán dun caderno para anotar todas as impresións producidas á hora de ler ou ver este material.

 

jueves, 17 de octubre de 2019

CHALECOS PARA OS COLABORADORES.-AS

A proposta de visibilizar máis aos colaboradores e colaboradoras da biblioteca colleu forma e decidimos que sería un chaleco, cun logo creado para a ocasión. A eles gustoulles!

miércoles, 16 de octubre de 2019

NOVA GUÍA DE USUARIOS

Acabamos de rematar a  Guía de Usuarios da Biblioteca  elaborada polo equipo de biblioteca. Agora distribuirase a través dos titores e titoras polas distintas aulas do centro.



jueves, 10 de octubre de 2019

TEMA DO CURSO

Como dende Bibliotecas Escolares este curso non propuxeron ningún tema, o equipo de biblioteca despois de debatir elexíu o  Cambio Climático como tema a desenvolver durante este periodo. Un tema de candente actualidade que podemos levar a cabo nas diferentes actividades programadas para esta tempada.

Por exemplo, nas actividade Samaín buscando personaxes que den medo dentro desta emerxencia: lume, tormentas, xeo, plásticos...

miércoles, 25 de septiembre de 2019

VISITA DE BRAULIO TUBER

Recibimos a visita de Braulio-Bolechas-Tuber. Que emoción! Sairemos na tele!

O alumnado de 2º de Educación Primaria foi o elexido para realizar este programa televisivo
Todo foi gravado na biblioteca. Alí contámoslle todo o que sabiamos das formigas, cantámoslle a canción de "A formiguiña"e recitamos un poema creado por nós.

A ver como quedou...!

miércoles, 18 de septiembre de 2019

UN CURSO MÁIS

Principiamos este curso con novos folgos e con renovada ilusión por conseguir os obxectivos propostos esta xeira. O equipo de Biblioteca continúa a ser o mesmo que o curso pasado.

Os primeiros traballos serán:

-Facilitar os carnés de biblioteca a todo o alumnado e profesorado novo.
-Dar a coñecer a este novo alumnado e profesorado o espazo da biblioteca e os seus fondos.
-Buscar alumnado colaborador.
-Revisar a Guía do Usuario por ver se podemos introducir algún cambio.
-Elaborar o horario de Biblioteca.
...

lunes, 24 de junio de 2019

viernes, 21 de junio de 2019

REVISTA FURAFOLLAS

Como vén sendo habitual  a estas alturas de curso o EDLG xunto coa Biblioteca elaboran a revista "Furafollas"onde caben todas as actividades do curso que os diferentes profesores e profesoras queren deixar como pegada deste curso.
Este curso decidíuse que fora totalmente dixital, así que somente se imprimirá un exemplar para a biblioteca e colgarase na páxina web do centro como en anos anteriores.

jueves, 30 de mayo de 2019

DEIXAMOS INTERNET E EMPEZAMOS A FACER

Seguindo a estela de Antón Fraguas invetigamos o noso patrimonio cultural.
Nun traballo de investigación alumnado de 6º de Primaria atoparon moitas curiosidades:
moedas antigas, instrumentos musicais feitos con cousas sinxelas (noces, herbas, follas...), xogos dos seus avós...
Máis tarde ensinaron os seus descubrimentos aos máis pequenos.
"Deixamos internet e empezamos a facer" é o lema que propuxo unha alumna deste curso.

 







viernes, 24 de mayo de 2019

VISITA A NOSA BIBLIOTECA ROSARIO DUEÑAS

Esta ourensana campiona de España de natación ofreceunos unha charla moi interesante sobre o poder de superación dunha persoa que sofre o accidente que ela sufríu. O alumnado quedou impresionado co seu relato.