martes, 30 de mayo de 2017

VISITA de CARLOS NEGRO

Hoxe visitounos Carlos Negro, un poeta galego de referencia.
 Despois de ler as súas obras "Maquinaria" e "Penúltimas tendencias", dirixidas a adolescentes na actualidade, preparamos dúas pequenas adaptacións para recibilo na nosa biblioteca. As actuacións foron fantásticas e a conferencia moi interesante. Falounos dos seus libros: rapazas engaioladas no seu universo rosa e rapaces que mallan na música mentres van a mil por unha ruta suicida. Pero sobre todo o escritor falounos de poesía, un rexistro fermosísimo da linguaxe que pode estar en calquera lugar, en calquera cousa, en calquera de nós.

 

A POESÍA gusta moito ao noso alumnado.

martes, 23 de mayo de 2017

miércoles, 17 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS E CARLOS CASARES

A biblioteca dispón de bastantes obras de Carlos Casares e biografías que se puxeron á disposición do centro para a súa utilización en diferentes actividades. Tamén durante or recreos desta semana se proxectaron vídeos sobre o autor e a súa obra. Elaborouse un mural xigante coa súa caricatura, un texto do autor e traballos do alumnado. Expóñense as caricaturas do concurso. Na biblioteca faise un roteiro polo Ourense de Casares. Lense e escenifícanse os seus contos...
              





miércoles, 10 de mayo de 2017

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS COS NOSOS MAIORES

Hoxe foi o día programado para a visita á residencia "As Carballas". Levabamos varios días ensaiando as nosas lecturas:
"Adiós rios, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
"Un millón de vacas" de Manuel Rivas.
"Sobre a morte de Bieito" de Rafael Dieste.
"A ra que odiaba a súa lingua" do EDLG deste centro.
"Ramón e burro do alcalde" de Mario Pereira.
"O home que non sabía que facer" de Sechu Sende
Foi unha experiencia moi reconfortante, aplaudíronnos moito e pedíronnos que voltásemos o vindeiro curso.

martes, 9 de mayo de 2017

DÍPTICOS DOS ESCULTORES OURENSÁNS



Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria realizaron uns dípticos dos escultores traballados no proxecto, indicando as obras máis importantes na cidade de Ourense, a súa situación e a data de colocación.

 
 
Nesta imaxe podedes ver algúns dos traballos do proxecto.


viernes, 5 de mayo de 2017

PREPARAMOS A BIBLIOTECA PARA RECIBIR ÁS LETRAS GALEGAS

Nesta época comezamos a preparación deste día especial:
-Buscamos (o alumnado encargado) o fondo bibliográfico de Carlos Casares.
-Adquirimos obras novas.
-Documentámonos para a elaboración dun artigo para a revista escolar sobre  autor e obra.
-Buscamos unha reflexión do autor para a elaboración dun panel xigante.
-Expoñemos todos os libros catalogados sobre o mesmo.
-Elaboramos un cartel anunciador.
-Planificamos actividades actividades, visitas de escritores, teatro...