viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO DE ARTE E ARTISTAS





Como este curso a biblioteca é Territorio das Artes, decidimos que o noso Entroido tamén discurrira por este tema. E así cada nivel optou por un artista pintor, agás os peques que decidiron ser os artistas pintores. Aproveitamos para estudar aos nosos pintores máis vistosos a través do noso  disfraz. E así foi o resultado:


DÍA DE ROSALÍA




Aínda que coincidíu co Entroido, tamén hobo tempo de adicarlle á nosa escritora máis universal.
Colocamos un mural na entrada, amosamos a súa obra, limos e recitamos os seus poemas na biblioteca e fora dela límoslle algún poema sinxelo aos máis pequenos.

  Vista cos ollos dos   oito anos.                  

jueves, 23 de febrero de 2017

LECTURAS SOLIDARIAS

O voluntariado solidario entregouse nunha nova lectura de contos e poemas  aos máis pequenos. Fixéronse lecturas co tema da PAZ (porque cando coincidíu esta data estaban de excursión) e tamén polo Día de Rosalía. Engatusados quedaron estes pequenos.




martes, 21 de febrero de 2017

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ESCULTORES OURENSÁNS

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria están a facer un traballo de investigación sobre os escultores ourensáns.
Primeiramente buscaron información sobre a escultura( tipos e técnicas) e visionaron diferentes vídeos sobre o tema. Fixeron un traballo sobre a escultura e logo expuxéronllo ao resto de compañeiros.

O equipo da biblioteca aportounos bibliografía sobre os escultores e concertou a visita do escultor Moxón.

VISITA DO ESCULTOR MOXÓN



Algúns alumnos/as da E.S.O. e os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria pasaron unha mañá co escultor, Moxóm, que lles falou do seu traballo: dos bocetos que facía , dos materiais e ferramentas que empregaba, de como lle xurdían as ideas para facer unha escultura...

viernes, 17 de febrero de 2017

miércoles, 15 de febrero de 2017

NOVAS ADQUISICIÖNS

Chegou a hora de invertir os cartos dos que dispoñemos. Suscribímonos á revista O Papagaio e ampliamos fondos:

GAÑADORES DO CONCURSO



Despois de moito cavilar decidíuse dar premios a estas catro alumnas polas seguintes obras de arte:

TRABALLOS DO ALUMNADO

Expóñense os traballos do alumnado adicados a diferentes artistas e propostos pola biblioteca:

viernes, 10 de febrero de 2017

NOBEL da PAZ

O alumnado de 6ª de Primaria interesouse polos Nobel da Paz e así elaboraron uns traballos sobre diferentes premiados para formen parte dos fondos da biblioteca para consultar. Uns exemplos:


miércoles, 8 de febrero de 2017

HOSPITAL DE LIBROS

Puxemos unha nova ubicación para o Hospital de Libros, aproveitando que estamos recolocando o espazo, novos estantes e máis ordenadores precisan ser reubicados en tan pouco espazo disponible.