miércoles, 21 de octubre de 2009

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas fixemos unha exposición de libros e material escolar da época dos nosos avós. Toda a comunidade educativa (pais, alumnos, mestres...)fixeron posible esta exposición coa aportación de diferentes materiais e libros.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Biblioteca para os pais/nais


No presente curso escolar a biblioteca do centro estará aberta os mércores de 16 a 17 horas. Todos os pais/nais que o desexen poden utilizala para ler os xornais, ler libros, buscar información en internet ou levar libros en préstamo.
Anímate e visítanos!

Concurso : "Logotipo"


No mes de maio convocouse un concurso de logotipos co fín de elixir un para a biblioteca.
Presentáronse debuxos moi bonitos e o que eliximos gañador é o que podedes ver na imaxe.
A autora deste logotipo é Lucía Montáns Parmo, unha rapaza que neste momento cursa 4º da ESO.