martes, 26 de febrero de 2019

ENTROIDO

Como en anos anteriores o equipo de biblioteca foi o encargado de elaborar os mandados do Meco (en forma de poema)e tamén de pescudar poemas e cancións que van co disfraz de cada grupo.






viernes, 22 de febrero de 2019

SEMANA DE ROSALÍA




Selecionamos poemas da autora e preparámolos para recitar nos recreos. Os recitadores son alumnos e alumnas das Bibliotecas Solidarias. Estes foron algúns dos libros de poesía da autora.
Abríuse a opción de recitar a calquera que queira facelo...alumnado, profesorado...







  

lunes, 18 de febrero de 2019

OS BOLECHAS RECICLAN

Hoxe na biblioteca tivemos doble sesión:
-Recitado de poemas de Rosalía
-Charla sobre a reciclaxe de residuos de aparellos electrónicos (RAEE)  a través de OS BOLECHAS. o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria foron os beneficiados desta charla-actuación e tamén os beneficiados dos agasallos de libros, xunto coa biblioteca do centro.

 

sábado, 16 de febrero de 2019

CARREIRA POLA PAZ

Hoxe celebramos a carreira solidaria posposta ata recaudar as aportacións voluntarias para a ONG Save the Children.
Pais, nais, alumnado e profesorado disfrutaron desta iniciativa solidaria.
 

sábado, 2 de febrero de 2019

DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

Pois sen saber que o día 1 de febreiro se conmemoraba este día, coincidíu  que este día celebramos o Día da Paz (retrasámolo por mor de que había alumnado de excursión o día 30) e, como xa dixemos na anterior entrada, o alumnado voluntario e solidario de Biblioteca leu  en voz alta  aos máis pequenos contos e poemas sobre A Paz.
Así pois so queda sinalar este día para tod@s saiban que existe dende hai dez anos.