No panel expositor á entrada da biblioteca seleccionamos libros con temática pacifista e engadimos uns versos de Miguel Hernández. Este é o resultado:
viernes, 27 de enero de 2017
viernes, 20 de enero de 2017
LIBROS DE ESCULTORES OURENSÁNS
Son solicitados libros de Arte para a elaboración do proxecto "Escultores Ourensáns" polo cal o equipo de biblioteca facilitou a mostra deles nun expositor situado na propia biblioteca:
EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA
Rematada a elaboración de traballos para o concurso Traballamos coas mans e coa cabeza, agora tócalle o turno á súa exposición para ledicia da comunidade educativa. Os traballos elaborados por Educación Infantil estarán no seu andel de exposicións e os elaborados por Primaria e Secundaria nunha vitrina e nun taboleiro á entrada do colexio e pegada á biblioteca:
viernes, 13 de enero de 2017
FIXEMOS XORNAIS
O alumnado de 2º de Educación Primaria xunto coas súas titoras participan nun concurso con dous xornais creados por eles. Traballaron arreo nas distintas seccións, pasárono ben, aprenderon o que é un xornal e puxeron a proba a súa creatividade e inventiva para poder gañar este certame. E aínda que non sexa así, o premio para os participantes é bastante
sustancioso: unha festa. Aí vai a mostra:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)