viernes, 29 de abril de 2022

 23 de abril: Día do libro.

O día 23 de abril é un dos días grandes na nosa biblioteca, xa que celebramos o día do libro. Este ano adicamos toda a semana para conmemorar esta data.

Decoramos o "hall" coa Eiruguiña comellona, xa que os máis pequenos e as aulas específicas están traballando cos vermes de seda.


Como en anos anteriores, fixemos todo tipo de actividades:

Murais e decoracións para ambientar a nosa biblioteca e outros recunchos do colexio.

 

 

 Traballos sobre os libros favoritos do noso alumnado, como este que fixeron en 6º de Primaria.

 

 

 

 

 

 

 

 

  Pero a actividade estrela do día foi unha sesión de contacontos a cargo do noso voluntariado de biblioteca. Aínda que esta vez foi un contacontos un tanto especial, xa que utilizaron a técnica do teatro negro.  

O alumnado acudiu en dúas quendas. Aquí tedes aos máis pequenos preparándose para a función:

 A todos lles encantou, xa que os voluntarios fixérono moi ben e o resultado non puido ser máis espectacular:


 O primeiro dos contos escollidos, foi "O parrulo enfurruñado":

O segundo conto escollido foi "Somos raros" , composto á súa vez doutros microrrelatos:


Como sempre, desde o equipo de biblioteca, queremos agradecerlle a todo o noso alumnado voluntario todo o esforzo e ilusión que poñen nas súas colaboracións!!! 👏👏👏👏👏

E para aqueles que queirades volver a ver os contos, velaquí tedes os vídeos.

O PARRULO ENFURRUÑADO:


 SOMOS RAROS: 


 

viernes, 22 de abril de 2022

"A eiruquiña comellona" e os vermes da seda. 

Ao igual que fixemos o curso pasado, este ano os máis pequenos do cole van criar vermes da seda nas aulas. 

Ademais aproveitamos a ocasión para realizar unha sesión de contacontos ao cargo do noso voluntariado lector.  E, como non podería ser doutra maneira, o conto escollido foi: "A eiruguiña comellona", que lles contaron utilizando a técnica do kamishibai:

 


Posteriormente deixáronlles en cadansúa aula unha caixa cos vermes e déronlles unha pequena explicación de como se deben criar. 


 

 

 MOITAS GRAZAS ao noso voluntariado e a todos os participantes!!! 👏👏👏