lunes, 24 de abril de 2017

CARTEL DO DÍA DO LIBRO

 Este cartel támén será a portada do noso libro que xa está tomando forma.


jueves, 20 de abril de 2017

DíA DO LIBRO

Para celebrar esta ocasión propoñemos a confeción dun Libro creado por todo o noso alumnado, dende os máis pequenos (colaborarán con debuxos os que aínda non saiban ler) ata os de 4º da ESO.
O tema será: As viaxes de Faíldiño,  e esta é a carta enviada pola nosa mascota a todos os grupos:


Ola amiguiños e amiguiñas!
Xa estamos no terceiro trimestre e pouco nos queda para verán, vouvos pedir un último esforzo e prometo que será de verdade:
Polo Día do Libro (23 de abril) queremos facer un para a nosa biblioteca, empezarán os máis pequenos e seguirán por orde cronolóxica ata chegar aos maiores. Este libro quedará na biblioteca para que todos e todas o poidamos ler.
Eu tamén, que vou quedar so todo o verán, farame compaña estes meses sen vós.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén me pide que axudedes na revista “Furafollas” . Con todo o que se vos ocorra, pero haberá concurso de comics e 
portadas no que tamén podedes participar.
Ánimo! Que queda pouco!
Ah! e prometédeme SER FAILDEFELICES!!!
cartel homenaxe

domingo, 9 de abril de 2017

DECORAMOS CUN POEMA

O equipo de biblioteca decidíu decorar as escaleiras con poemas. O primeiro tramo delas cun poema de Gustavo Adolfo Bécquer, axeitado ao alumnado de Infantil e Primaria e no seguinte tramo cun poema de Celso Emilio Ferreiro, axeitado ao alumnado de Secundaria. Ambos os dous falan do concepto de POESÍA. A idea sería cambialos todos os anos e seguir aumentando.

viernes, 7 de abril de 2017

ROTEIRO ESCULTÓRICO POR OURENSE

O venres, 7 de abril, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha visita ao Parque Miño, onde puideron ver diferentes obras dos escultores traballados. A continuación camiñaron polas rúas de Ourense seguindo un itinerario elaborado por eles e podendo observar diferentes esculturas. Remataron a mañá, visitando o Belén de Baltar.

PLANO DE ESCULTURAS

Os alumnos/as de 5º e 6º estiveron traballando, por parellas, na elaboración dun plano coas principais obras escultóricas da cidade ( só as dos escultores traballados no proxecto).
Fixeron a lenda e foron situando no plano con gomets de diferentes cores as principais obras, logo colorearon o itinerario que se podería seguir para visitalas.



jueves, 6 de abril de 2017

RECOMENDACIÓNS DAS NOVIDADES

Para estas vacacións de Pascua fixemos un tríptico destinado a ser exposto na biblioteca, no panel de anuncios e neste blog coas novidades entrantes neste trimestre, chamámolo "Recomendacións de Primavera":