miércoles, 26 de octubre de 2022

 lecturas recomendadas para samaín

Samaín é un dos días grandes do noso colexio e, como non podía ser doutra maneira, na nosa biblioteca tamén o celebramos por todo o alto. 

Para comezar, fixemos unha selección de libros recomendados sobre a temática para decorar o "hall" da biblioteca. 

Esperamos que sexan do voso agrado! 

martes, 25 de octubre de 2022

        DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



O 24 de outubro

 celebramos 

o día das bibliotecas

 escolares. 









Quixemos implicar ao noso alumnado neste día tan especial, realizando unha votación coas súas suxestións para mercar fondos para a nosa biblioteca: dende títulos de libros que boten en falta, ata novos xogos, material audiovisual, coleccións...

Realizamos as votacións en dúas quendas, unha para primaria: 



E outra para secundaria: 


Ademais fixemos unha xornada de portas abertas na que o noso alumnado podía acceder á biblioteca en todos os momentos de lecer ao longo do día, para realizar as actividades habituais ademais de varias manualidades que tiñamos preparadas para eles (marcapáxinas e pulseiras). 


Como nos anteriores cursos, aproveitamos esta data para iniciar a andaina das nosas mochilas viaxeiras.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!😄😄😉



viernes, 21 de octubre de 2022

 CHARLAS DE FACENDA: a onde van os nosos impostos?

No mes de outubro, o alumnado de 5º e 6º de primaria mailo alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla na nosa biblioteca sobre o destino que levan os impostos que pagamos como cidadáns.