miércoles, 23 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Póñense en marcha as Mochilas Viaxeiras este curso. Nelas haberá libros (en galego, castelán e inglés), vídeos, un caderno, normas e un montón de ilusión. Os máis pequenos de Infantil levaban pedindo esta Mochila dende principio de curso, pero ata o de agora non tivemos tempo de atender a esta petición.



miércoles, 16 de noviembre de 2016

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe decidimos participar na convocatoria "Bibliotecas Escolares Solidarias", coa proposta de Voluntariado en Primaria. Algo que xa viñamos facendo en anos anteriores sen este recoñecemento.
Catorce alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participarán como voluntari@s para facer labores de colaboración na biblioteca, ler libros aos máis pequenos e aumentaremos o de sair fora do centro (residencias de maiores) tamén para lerlles aos maiores, unha nova experiencia!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA

Celebramos esta semana na nosa biblioteca cun cartel alusivo, unha exposición de libros sobre Ciencia e Tecnoloxía dos fondos existentes
invitando á súa lectura e unha proxección de vídeos na hora dos recreos.

TRABALLOS PREMIADOS

Premiáronse dous dos traballos presentados á biblioteca con motivo das Bibliotecas Escolares: unha é unha carta ao escritor favorito e outro un lema a favor das bibliotecas. Os premios ás obras artísticas aínda non serán concedidos porque seguen a ser presentados.