sábado, 25 de marzo de 2017

MURAL DO DÍA DA MULLER

O alumnado de Secundaria investigou sobre algunhas MULLERES GALEGAS na historia e na actualidade, coa intención de seguir en anos vindeiros esta investigación. Titulámolo
  "Elas, as Nosas". Aquí está o resultado:

martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA

Celebramos este día cun gran cartel nas escaleiras principais anunciando esta data.
Lemos poesías nas clases e na biblioteca.
Expuxemos no noso taboleiro recomendador unha chea de libros de poemas.
Na biblioteca durante os recreos escollimos poemas para escribilo na escaleira principal.
Creamos un cartel para o blog.
Gloria Fuertes segue a ser traballada na clase de 2º de Primaria e sorprendéronnos coas súas caricaturas.



ANTONIO FAÍLDE (escultor ourensán)

viernes, 17 de marzo de 2017

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Celebrouse a reunión do club de lectura "Os amigos das palabras" na biblioteca, para a ocasión habilitouse un espazo no interior da biblioteca onde se colgaron  follas de cores escritas con frases, ditos, refráns e historias relativas ao tema que se vai tratar esta andadura:
a muller














Libros recomendados

viernes, 10 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

Espuxéronse libros de grandes mulleres na Historia da Humanidade, tanto galegas como do mundo en xeral. Traballouse A MULLER GALEGA en particular para a elaboración dun gran mural permanente no tempo. Os carteis elaborados en conxunto co EDLG foron autoría do equipo da Biblioteca, que como é sabido coinciden en varios membros.

martes, 7 de marzo de 2017

VISITA DA CONTACONTOS

Hoxe visitounos  María Carrera, unha contacontos de Bueu que nos deleitou coa súa guitarra e cunha historia-biografía de Gloria Fuertes. Esta poeta cumpliría  agora  os 100 anos e quixémola rememorar con esta actuación e tamén
 co motivo do Día da Poesía que terá lugar os vindeiros días. O alumnado de Infantil e Primaria foi quen disfrutou deste acontecer.