viernes, 29 de enero de 2016

COMEZA A ANDAR O CLUB DE LECTURA

O xoves 28 de xaneiro celebrase na biblioteca a inauguración do Club de Lectura. Arrincamos co tema do amor, que se manterá todo o trimestre.
Contouse con moita participación e tamén  aportacións e suxestións sobre lecturas deste tema.
Unha tertulia sobre libros realmente entrañable. Agardamos á próxima reunión para intercambiar opinións que nos enriquezan.
 

jueves, 14 de enero de 2016

MOCHILA VIAXEIRA EN 1º E 2º

Bota a andar a Mochila Viaxeira nos cursos 1º A, 1ºB, 2ºA e 2ºB.
O alumnado moi ilusionado levará nela:
-As instrucións
-Un libro de lectura para @ nen@
-Un libro de lectura para os pais e nais
-Un DVD
-Un caderno de notas

lunes, 11 de enero de 2016

PROXECTO - OS ANIMAIS

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria fixeron un proxecto de investigación sobre a clasificación dos animais. Buscaron información en determinadas páxinas web, dadas polo profe, sobre a clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados. Realizaron o traballo en grupo, cada un ocupouse de buscar as principais características de cada tipo de vertebrados e logo fixeron un mural.
No caso dos invertebrados, no mural, só puxeron imaxes de cada un dos tipos. Logo cada alumno  fixo en formato dixital unha ficha coas principais características do invertebrado que eles quixeron. Co traballo de todos os alumnos fixemos un libro "Os invertebrados", que podedes ver na seguinte entrada do blog.





 

viernes, 8 de enero de 2016