viernes, 29 de junio de 2018

PASAMENTO DE XABIER P. DOCAMPO


O día 26 de xuño faleceu Xabier P. Docampo, un dos escritores fundamentais para a consolidación da Literatura infantil e xuvenil galega. Pero tamén foi docente, promotor da lectura e especialista en bibliotecas escolares, activista a prol da lingua, contacontos, actor ou guionista.
En 1995 acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con Cando petan na porta pola noite. A esta obra precedéronlle outras como O misterio das badaladas ou A chave das noces. Posteriormente, virían outras como O pazo baleiro, A casa da luz, Bolboretas (White Ravens 2005), Catro cartas, O país adormentado, A illa de todas as illas, O libro das viaxes imaxianarias, e xa no 2017 A nena do abrigo de astracán á que lle adicou os últimos anos da súa escrita e coa que gañou o Premio de narrativa na III Gala do Libro Galego 2018. 
Para Docampo ler era conquistar unha illa misteriosa por iso foi un grande promotor da lectura. Xunto con Antonio Ventura dirixiu a revista Bloc (Revista internacional de arte y literatura infantil) que se editou entre os anos 2007 e 2010.
Convidámovos  a difundir e ler a obra de Xabier P. Docampo como mellor mostra de afecto e recoñecemento.


lunes, 25 de junio de 2018

TEATRO : "O cataventos"

Durante a función de fin de curso representouse esta adaptación da obra de Mª Victoria Moreno na que participaron todos os rapaces e rapazas de 4º de primaria.

miércoles, 20 de junio de 2018

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Recollidos os préstamos, demos dous días para prestar novamente lecturas de verán, e aconsellamos algunhas tanto pola temática interesante como por ser últimas adquisicións. Todas as idades están representadas.

VALORACIÓN DAS ENQUISAS

Despois de estudar as enquisas chegamos ás seguintes conclusións:

Do comportamento e hábitos de uso que da biblioteca fai a nosa comunidade escolar e que esta enquisa desvela, podemos concluír:
·        Un bo coñecemento tanto de actividades que programa a biblioteca como da infraestrutura.
·        En xeral, unha opinión satisfactoria  respectos os servizos que ofrece.
 Entre as principais eivas  que se sinalan para que a nosa biblioteca escolar se converta de forma efectiva  en parte integrante do proceso educativo, nun lugar de encontro, onde os alumnos poidan acceder a recursos e actividades que lles permitan desenvolver a súa habilidade lectora, a comprensión de textos, o autoaprendizaxe e a destreza na procura de información, son:
·        Necesidade de  mellorar, equilibrar e actualizar os fondos non só de títulos, tamén de formatos (ebooks, Cds, películas...) e facilitar o préstamo e o acceso a eles.
·        Buscar camiños que permitan unha participación, unha presencia máis activa na toma de decisión, a adquisición dun maior protagonismo do noso alumnado.
·        Converter a nosa biblioteca nun espazo máis axeitado para desenvolver o pracer pola  lectura coa dotación dun mobiliario máis funcional que permita  a optimización do seu espazo físico, mellorar a accesibilidade, o almacenaxe,…


jueves, 7 de junio de 2018

PERIODISMO

Un fotógrafo de "La Voz deGalicia" deunos unha charla sobre os xornais. Analizou pormenorizadamente a función da prensa na nosa sociedade e a súas diferentes maneiras de ver a noticia. Tamén, como fotógrafo, nos descubríu a prensa noutros países e o tratamento da fotografía para dar noticias nestes. Unha conferencia ben interesante!

martes, 5 de junio de 2018

domingo, 3 de junio de 2018

FURAFOLLAS, a nosa revista

Por fin ve a luz a nosa revista anual. Algúns dos traballos do curso e outros feitos para esta ocasión compoñen o contido desta publicación que como en anos anteriores se publica por estas datas coincidindo coas Letras Galega. Así se englobaría dentro das actividades programadas para esta ocasión.

viernes, 1 de junio de 2018

O CATAVENTOS DE Mª VICTORIA MORENO

O alumnado de Infantil asistíu a unha lectura do libro de Mª Victoria Moreno na Biblioteca. A profesora de Infantil do equipo do de biblioteca foi a encargada de contarllelo. Atención á cara de asombro destes pequenos!