viernes, 24 de febrero de 2023

                             Día de Rosalía

O día 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. 

Coma en anos anteriores, fixemos unha escolla de libros da autora para poñer é disposición, tanto do noso alumnado coma do profesorado, para as distintas actividades que realizamos no centro. 

Ademais, contamos coa colaboración da mestra de plástica de 6º de primaria, que contou coa axuda dos colaboradores de biblioteca para decorar o "hall" nesta data tan sinalada para nós. 






O noso alumnado realizou diversos traballos que expuxemos nos taboleiros do centro. Estes son algúns dos traballos realizados: 


Os máis pequenos tamén nos fixeron a súa aportación para esta data. Velaquí temos os nenos e nenas de 2º de Primaria coa manualidade que fixeron neste día: 



jueves, 23 de febrero de 2023

       CHEGOU O ENTROIDO! 

Como en cursos anteriores, desde a biblioteca animamos a toda a comunidade escolar a celebrar o Entroido ao grande. 

Para ir quentando motores, a biblioteca fai os mandados do Meco, na que participa tanto o alumnado coma o profesorado. 

Este ano, fixemos dous Mecos. Para o primeiro, puxemos a nosa mascota Faildiño, na entrada de primaria. Pero ademais, puxemos outro meco, na entrada de secundaria, para que tanto grandes coma pequenos tiveran acceso aos mandados. 


miércoles, 1 de febrero de 2023

        lecturas para A PAZ

O  31 de xaneiro celebramos o Día da Paz. O noso voluntariado da biblioteca seleccionou unha morea de libros relacionados co tema da paz, para lles contar aos máis pequenos. 

Para facer a actividade máis personalizada, fixemos varios recunchos de lectura espallados por todo o centro, aos que se dirixiron os voluntarios e voluntarias cos seus apadriñados.  

 Aos máis pequenos encantoulles a experiencia de saír da aula ou da biblioteca, que é onde adoitamos realizar as lecturas compartidas.