lunes, 28 de abril de 2008

As nosas recomendacións para o día da Paz







Para ler:


Tristes armas
Autora: Marina Mayoral
Síntese: Harmonía e Rosa son dúas irmás, fillas de republicanos. Durante a Guerra civil, son enviadas, como outros moitos nenos a Rusia para ser protexidas. Alí son educadas e, por distintas circunstancias, no regresan á súa terra, Galicia, ata que son anciás.
Sección: + 15 anos




Trala liña do horizonte
Autor: Antonio García Teijeiro
Síntese: Un mozo deixa a guerrilla. Nunha casa abandonada atopa unha carpeta azul con follas escritas e retallos de xornais con fotos de guerra. Séntase e empeza a ler.
Sección: 12 a 14 anos

Diario

Autora: Ana Frank
Síntese: Fuxindo da persecución nazi, Ana, de 13 anos, a súa familia e outros xudeus ocúltanse no faiado dun edificio de oficinas na cidade de Amsterdam. Alí, entre 1942 e 1944, Ana escribe o seu diario.
Sección: 12 a 14 anos

La poesía no es un cuento
Autor: Gloria Fuertes
Comentario: A poetisa dos nenos e tamén dos adultos crea versos contra a crueldade, e a favor da paz e do amor:
Si el demonio se enamorase,
le daría por acabar

con las guerras.
Sección: 12 a 14 anos

Noche de alacranes
Autor: Alfredo Gómez Cerdá
Síntese: “Delgadina” foi guerilleira durante a guerra civil. Xa anciá, é convocada por un profesor de instituto para que teña un encontro cos seus alumnos. Ese encontro provoca “una noche de alacranes”, unha longa noite de insomnio na que recupera os seus recordos.
Sección: + 15 anos

Cuando Hitler robó el conejo rosa
Autora: Judith Kerr
Resumo: Ana vese obrigada a fuxir da Alemania nazi coa súa familia. O coello rosa é un dos xoguetes que ha de deixar atrás, así como a inocencia do seu mundo infantil.
Sección: 12 a 14 anos

La espada y la rosa
Autor: Antonio Martínez Menchén
Resumo: Novela de aventuras ambientada no tempo das cruzadas.
Sección: + 15 anos

Han quemado el mar
Autor: Gabriel Janer
Hafida conta ao seu neto, aínda non nacido, a historia da súa terra e do seu pai, morto nun ataque dos aliados durante a 1ª guerra de Irak.
Sección: + 15 anos



O homiño de papel
Autor: Fernando Alonso
Resumo: Unha nena, cansa dos seus xoguetes, recorta un boneco de papel de periódico. O homiño de papel cóntalle a ela e aos seus amigos historias sobre guerras, accidentes, pelexas... Vendo os nenos tristes polas súas historias, decidiu ir á lavandería e quedou tan limpo que así non podería contar nada. Foi ao campo, á biblioteca, á concertos. Volveu radiante e alegre e empezou a xogar cos nenos. E entón divertíronse moito.


Poemas y canciones
Autor: Bertold Brecht
Comentario: Antoloxía na que o poeta alemán deixa constancia do seu antibelicismo.
Sección: Adultos



Mahatma Gandhi
Autor: Otto Wolff
Comentario: Biografía do líder indio da non violencia.
Sección: Xeografía. Biografía. Historia



Las tres mellizas hacen las paces:
Autores: Roser Capdevila e Carles Capdevila
Resumo: Ana, Teresa e Elena queren ir á festa de aniversario dun amigo, pero só está invitada Elena. Iso provoca unha boa pelexa entre elas.


Chamábase Jan
Autora:Irina Korschunow
Síntese: Por terse namorado de Jan, un mozo polaco, Regine, unha adolescente alemana, educada no nazismo, ten que pasar os últimos meses da 2ª Guerra Mundial escondida nun faiado.
Sección: 12 a 14 anos


El bosque de piedra
Autor:Fernando Alonso
Síntese: O protagonista deste relato non se sinte a gusto coas persoas que o rodean, por iso decide refuxiarse nun mundo poblado de seres fantásticos de pedra. As aventuras vividas con estes seres axudaránlle a volver á realidade.
Sección: 9 a 11 anos

¿Quién cuenta las estrellas?
Autor: Lois Lowry
Síntese: Annamarie, unha nena de dez anos, protagoniza unha historia que mostra as privacións, sufrimento e resistencia da poboación danesa fronte ás
forzas de ocupación alemana durante a 2ª Guerra mundial.
Sección: 12 a 14 anos


El niño del pijama de rayas
Autor: John Boyne
Comentario: Nova visión do holocausto nazi desde a perspectiva dun neno de 9 anos.
Sección: 12 a 14 anos


¡Sálvate Elías!
Autora: Elisabeth Brami
Sección: 9 a 11 anos
Síntese: Durante a Segunda Guerra Mundial, Elías, un neno xudeu de 7 anos, é entregado polos seus pais a uns granxeiros descoñecidos para salvarlle a vida.


Todo o peso do ceo
Autor: Martínez Oca
Síntese: Historia ambientada na posguerra española nunha vila castelá á que acoden cada ano os galegos a facer a seitura.
Sección: + 15 anos



Grandullón o xigante abusón
Autor: Calo Iglesias
Síntese: Tres irmáns prisionerios do xigante Grandullón conseguen liberarse grazas a un ungüento máxico que lles proporciona un ratiño.
Sección: 9 a 11 anos

Falando con balas
Autor: Xoán Carlos Garrido
Comentario: Que pasaría se os átomos dunha bomba se rebelasen contra os humanos?
Sección: 9 a 11 anos


Para mirar:

Mediterráneo
Director: Gabriele Salvatores
Resumo: En 1941 un grupo de oito soldados italianos chega a unha illa grega, a súa misión consiste en loitar contra os aliados, pero alí só viven ancianos, mulleres e nenos.

El gran dictador
Director: Charles Chaplin
Intérpretes: Charles Chaplin, Paulette Goddard.
Resumo: Un barbero xudeu, que combate una primeira guerra mundial, volve a casa trala fin do conflito. No coñece a actual situación do país: Adenoid Hynkel, un ditador fascista, persegue o pobo xudeu. Paralelamente, Hynkel e os seus colaboradores empezan unha ofensiva militar destina a conquistar todo o mundo.

Salvar al Soldado Ryan
Director: Steven Spilberg
Intérpretes: Tom Hanks, Matt Damon
Resumo: Trala invasión de Normandía, a patrulla do comandante John Miller ten como misión atopar e salvar o soldado Ryan. A súa única motivación para levar a cabo esta perigosa misión é o intento de recuperar a dignidade perdida na barbarie da 2ª Guerra Mundial.


Gallipoli
Director: Peter Weir
Intérpretes: Mel Gibson, Mark Lee
Comentario: É a historia da amizade entre dous mozos australianos que participan na batalla de Gallipoli (Turquía) durante a 1ª Guerra Mundial.