martes, 26 de abril de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"



1ªPregunta: Enlazamos esta primeira pregunta coa última da edición do ano pasado. Os gañadores averiguaron que a planta coa que foi envelenado o filósofo grego Sócrates chámase cicuta ou cegude.
Esta planta utilízase nun tipo de medicina alternativa como antineurálxico. Como se denomina ese tipo de medicina?

3ª edición Concurso "As preguntas encadeadas"

Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.
2) O Concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar cinco preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta e tamén se exporá na entrada da biblioteca.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca. O prazo de entrega remata o venres de cada semana.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as cinco preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.

sábado, 23 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Como anos anteriores, aproveitamos que hoxe é o Día do Libro para presentar un número máis da revista Cole´s. Este ano presentamos dúas revistas: unha para os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e outra para os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Decidimos facer dúas revistas nas que os contidos se axeiten máis aos grupos de nenos/as aos que vai dirixido, xa que o facer unha soa revista para toda a Educación Primaria os alumnos/as so podían facer algunhas páxinas da mesma.
Esperamos que vos guste e traballedes moito nela.

Cole´s ( 1º, 2º e 3º de Educación Primaria)

martes, 19 de abril de 2011

Mulleres Científicas




Catro alumnos/as de 3º de Educación Primaria estiveron facendo na clase de Atención Educativa un traballo de investigación sobre algunhas mulleres científicas.

Buscaron información sobre cinco mulleres ( Margarita Salas, Hipatia, Augusta Ada ...) e logo plasmaron o que descubriron en murais e nuns trípticos.


Traballaron moito e na foto podedes ver o resultado.

martes, 12 de abril de 2011

Formación de usuarios

Neste lipdub creado no IES Fontem Albei da Fonsagrada, tedes unha forma lúdica de aprender formación de usuarios.