viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Como no ano anterior creamos un cartel, expuxemos os libros de medo, decoramos o espazo e tamén invitamos aos usuarios (alumnado de primaria) a unirse a nós para ver unha película alusiva á celebración na hora do recreo da mañá. Tamén recomendamos a lectura nestas festas.




 

martes, 25 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, Día da Bibliotecas Escolares

Para conmemorar esta data programamos varias actividades:
-confeción de marcapáxinas ergonómicos con lemas alusivos ás bibliotecas
-carta ao meu escritor favorito
-convocar un concurso para o noso territorio das artes onde se represente a nosa fonte (obra artística do escultor Antonio Faílde do que tomamos o nome)
 

lunes, 17 de octubre de 2016

CONCURSO "TRABALLA COAS MANS E COA CABEZA"


Bo día, queridos amigos e amigas!
Dende este lugar no que vivo invítovos  a todos e todas a unha nova experiencia:
Como este ano as Bibliotecas Escolares de toda Galicia  decidiron que estas sexan Territorio das Artes, nós que temos o nome do colexio dun artista da zona (Antonio Faílde) e tamén unha obra artística que nos regalou a súa familia (“Meniño a cabalo”) propóñovos que tentedes




Debuxar
Plasmar
Esculpir                             
                       A NOSA FONTE    
Reproducir
Moldear
Deseñar
                   CONCURSO 


     TRABALLA COAS MANS
               E COA CABEZA                                      Hai premios, anímate!
                                                                              Faildiño
          


             


                                                                         







viernes, 14 de octubre de 2016

PREMIO NOBEL DE LITERATURA

Hoxe todos os xornais escritos referíansean a el, e non está exento de polémica, que o Nobel de Literatura llo den a un cantante-compositor. Ocorre por primeira vez na historia destes premios.
E abre un novo debate sobre o que é Literatura con maiúsculas. As cancións de Bob Dylan son fermosos poemas sobre a vida, o amor, o desamor, a sociedade que lle tocou vivir... e se os poemas son Literatura por que non o van ser as cancións que son poemas musicados. Podemos lelos e escoitalos, como toda a poesía.
A biblioteca do centro fíxose eco da noticia con carteis e audicións.
 

viernes, 7 de octubre de 2016

ESTUDAMOS E COMENTAMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA

A finais do curso anterior elaboramos unha enquisa que lle pasamos aos usuarios da Biblioteca. Non houbo tempo de revisar os resultados daquela. Agora, despois do seu estudo chegamos ás seguintes conclusións:

CONCLUSIÓNS

Fan falla estudos máis potentes que impliquen a todos os membros da comunidade escolar pero, desta primeira aproximación que facemos para coñecer a nosa biblioteca e a opinión entre os usuarios alumnos de E. Primaria e de ESO, podemos concluír:
Un bo coñecemento tanto de actividades que programa a biblioteca como da infraestrutura.
En xeral, un alto grado de satisfacción dos nosos usuarios en todos os aspectos nos que foron preguntados.
A demanda de actualizar os fondos non só de títulos, tamén de formatos (ebooks, Cds, películas...) e facilitar o préstamo e o acceso a eles.
A necesidade de buscar camiños que permitan unha participación, unha presencia máis activa na toma de decisión, a adquisición dun maior protagonismo do noso alumnado.


miércoles, 5 de octubre de 2016

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos a andaina deste novo curso con ilusións renovadas despois do verán, pero cunha pésima noticia: o pasamento do noso (si, digo noso, porque tanto nos marabillaron as súas palabras que o sentimos moi dentro de nós) AGUSTÍN FDEZ PAZ.
Para homenaxealo creamos unha exposición con todas as obras que viven na nosa biblioteca e fotos de outras que non temos porque a súa producción foi  tan intensa que é imposible telas todas. Pero moi boa parte delas están aquí, esperando a ser parte de xeracións actuais e futuras, como xa foron doutras anteriores.
O mesmo día do seu pasamento escribíuse un bonito obituario no blog do club de lectura Amigos das Palabras:

miércoles, 13 de julio de 2016


AGUSTIN FDEZ. PAZ

Hoxe finou Agustín Fdez. Paz
A lúa de Vigo quedou feita un pano de bágoas e a literatura xeme orfa: o único que queda é o amor.
Moitas grazas, Agustin, por todo o que nos deches.
Vémonos nos libros. 



Pero antes xa estivemos traballando outros aspectos formais da biblioteca: facendo carnés para os novos lectores, confecionando guías de uso, formando novos axudantes e colaboradores, catalogando...