Hoxe no recreo fixemos entrega aos colaboradores da biblioteca ( Adrián González, Andrea Cao, Brais Fernández, Andrea López, Andrea Rodriguez, Sandra Caíña, Celia Guzmán, Laura González e Nerea Rodriguez) duns agasallos, para agradecerlles a súa colaboración durante todo o curso escolar. Ordenaban os libros e colocábanos nos andeis, selaban libros... Esperamos que o vindeiro curso sigades colaborando coa biblioteca.
Resposta á 3ªpregunta: A estatua era unha representación do deus Helios, coñecida como o "Coloso de Rodas".
Tamén esta vez Miguel López, Miguel Rodríguez e Paz Quintas atoparon a solución.
4ªPregunta:
Helios foi o nome que recibiu un dos fillos xemelgos dunha parella de personaxes históticos, que viviron no século I a.C. Como se chamaban os membros desa parella?