jueves, 17 de marzo de 2016

DÍA DA POESÍA

O día 21 de marzo celébrase o DÍA DA POESÍA, nós non estaremos no cole porque coincide coas nosas vacacións de Pascua, polo que decidimos celebralo o venres, 18 de marzo, cun recital de poesías do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, que presentaron e organizaron os alumnos/as de 5º de E.P., sendo unha das actividades que están a realizar dentro do proxecto que levan a cabo sobre Manuel María. Participaron todos os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria.



 











Os alumnos/as de 5º de E.P. realizaron uns dípticos do programa do recital. Na seguinte imaxe podedes ver unha mostra.



miércoles, 9 de marzo de 2016

VÍDEO DO CONTO: "O bigote de Mimí"


https://www.dropbox.com/s/vbexhfowu4vcen1/O%20BIGOTE%20DE%20MIM%C3%8D.wmv?dl=0


Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria gravaron coas súas voces o conto "O bigote de Mimí" de Manuel María. Este é un dos traballos realizados no proxecto que están realizando sobre dito autor.



8 DE MARZO

Celebramos o Día da Muller na biblioteca coa exposición deste cartel e lembrando que na nosa biblioteca se poden atopar obras e bibliografías de mulleres extaordinaras que co seu traballo loitaron por mellorar as súas condicións  en pé de igualdade.