miércoles, 24 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun cartel á entrada da biblioteca onde lembramos o carácter universal desta nosa escritora e dos seus libros, invitando a todos e todas a visitar o noso recuncho do saber para poder apreciar in situ as bondades da súa obra.

viernes, 5 de febrero de 2016

Vídeo do poema: "Galiza"

https://www.dropbox.com/s/sbid9kw6yuijq25/Galiza.wmv?dl=0

Preme na imaxe e verás o vídeo.

"Galiza", poema de Manuel María

CONTOS FORA DA BIBLIOTECA



Este ano polo Entroido os contos saíron da biblioteca para
desfilar polo patio do colexio.

Lobos e Carapuchiñas desfilaron da man do alumnado de 1º de Primaria; Alicia levou o seu Pais da Marabillas  ao exterior co alumnado de 2º; os "labregos" de tantos contos saíron reivindicando o seu traballo co alumnado de 3º e 4º; Os  Tres (ou catro ou 24) Mosqueteiros foron os elexidos por 5º e 6º; e por último Os Tres (ou cinco ou 65) Porquiños fixeron as delicias dos máis grandes porque o alumnado de Infantil sempre atrapa todas as olladas.