jueves, 4 de julio de 2013
miércoles, 19 de junio de 2013
lunes, 17 de junio de 2013
Concurso As preguntas encadeadas
Resposta á primeira pregunta: O país é Turquía; a capital, Ankara e Mustafa Kemal Atatürk foi o mandatario que decidiu que fose a capital da nación.
Brais Fernández Prieto de 1ºA atopou a resposta.
2ªpregunta:
En 1923 Atatürk asinou un tratado que leva o nome dunha cidade suíza situada á beira dun lago. Como se chama ese lago?
viernes, 14 de junio de 2013
martes, 4 de junio de 2013
Concurso "As preguntas encadeadas"
Iniciamos o concurso partindo da solución da última edición do concurso:
Tres cantos fúnebres por Kosovo é o título da novela de Ismaíl Kadaré.
1ªpregunta:
O inicio do capítulo 4 desta novela sitúase na capital de certo país. Que mandatario decidiu que esa cidade se convirtise na capital da nación?
lunes, 3 de junio de 2013
4º edición Concurso "As preguntas encadeadas"
Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos de ESO.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar tres preguntas.
4) Os luns publicarase no blog e tamén se exporá na entrada da biblioteca unha pregunta.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca. O prazo de entrega remata o venres de cada semana.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as tres preguntas xa que cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.
viernes, 25 de enero de 2013
Unha autora de Literatura Infantil e Xuvenil na RAG
Suscribirse a:
Entradas (Atom)