DIA DAS LETRAS GALEGAS.
O 17 de maio celebramos o día grande da nosa literatura, que este ano estivo adicado á escritora Xela Arias Castaño. Na súa homenaxe, o centro realizou múltiples actividades: decoramos o hall cun gran mural realizado con acrósticos e imaxes, fixemos unha lectura de Kamishibai para os máis pequenos, resolvemos cuestionarios e actividades online e xuntámonos todos no patio do colexio para cantar o himno galego.
Esta é unha pequena mostra das actividades realizadas:
No mural combinamos imaxes e acrósticos realizados polo noso alumnado.
Para facer os acrósticos utilizamos o nome da escritora.
Os alumnos de 3º B elaboraron un Kamishibai para contarlles aos máis pequenos a vida de Xela Arias, a nosa homenaxeada.
Tamén houbo moitas actividades, cuestionarios, busca de información e visionado de vídeos que propuxemos desde o equipo de biblioteca en colaboración co ENDL.