miércoles, 10 de agosto de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"




Resposta á 5ª e última pregunta:


Marco Antonio e Cleopatra suicidáronse na cidade de Alejandría, que posúe as seguintes coordenadas xeográficas: 31º11´N 29º55´E.


Noraboa aos tres gañadores: Miguel López, Miguel Rodríguez e Paz Quintas.






lunes, 20 de junio de 2011

Un bosque moi literario

No vídeo tedes imaxes do que queda da fraga de Cecebre, bosque onde Wenceslao Fernández-Flórez ambienta a súa novela El bosque animado.

viernes, 10 de junio de 2011

Colaboradores - Biblioteca


Hoxe no recreo fixemos entrega aos colaboradores da biblioteca ( Adrián González, Andrea Cao, Brais Fernández, Andrea López, Andrea Rodriguez, Sandra Caíña, Celia Guzmán, Laura González e Nerea Rodriguez) duns agasallos, para agradecerlles a súa colaboración durante todo o curso escolar.
Ordenaban os libros e colocábanos nos andeis, selaban libros...

Esperamos que o vindeiro curso sigades colaborando coa biblioteca.

lunes, 30 de mayo de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"




Resposta á 4ª pregunta: Cleopatra e Marco Antonio tiveron dous fillos xemelgos aos que lles puxeron os nomes de Alexandre Helios e Cleopatra Selene.






Averiguaron a resposta: Miguel López, Miguel Rodríguez e Paz Quintas.






5ª e última pregunta: ¿Como morreron Marco Antonio e Cleopatra? Indica as coordenadas xeográficas do lugar onde faleceron.






domingo, 22 de mayo de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"


Resposta á 3ªpregunta: A estatua era unha representación do deus Helios, coñecida como o "Coloso de Rodas".

Tamén esta vez Miguel López, Miguel Rodríguez e Paz Quintas atoparon a solución.





4ªPregunta:


Helios foi o nome que recibiu un dos fillos xemelgos dunha parella de personaxes históticos, que viviron no século I a.C. Como se chamaban os membros desa parella?

miércoles, 18 de mayo de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"


Respostas á 2ª pregunta: Tratábase do médico Hipócrates e do principio da similitude.
Averiguaron a resposta: Miguel Rodríguez e Miguel López de 4ºA e Paz Quintas de 3ºA.

3ª pregunta: A illa na que naceu Hipócrates forma parte dun arquipélago. No porto da capital dese arquipélago, existía na Antigüidade a escultura dun deus. De que deus? Como era coñecida esa estatua?

lunes, 2 de mayo de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"


2º Pregunta:
A homeopatía foi ideada por un médico alemán. Este baseouse nun principio formulado por un famoso médico da Antigüidade. Cal era ese principio e como se chamaba ese médico?

Concurso "As preguntas encadeadas"

Resposta á 1ª Pregunta:
A homeopatía é a medicina alternativa que utiliza a cicuta ou cegude como antianalxésico.

Adiviñaron a resposta Paz Quintas (3ºA), Miguel López (4ºA) e Miguel Rodríguez (4ºA).

martes, 26 de abril de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"



1ªPregunta: Enlazamos esta primeira pregunta coa última da edición do ano pasado. Os gañadores averiguaron que a planta coa que foi envelenado o filósofo grego Sócrates chámase cicuta ou cegude.
Esta planta utilízase nun tipo de medicina alternativa como antineurálxico. Como se denomina ese tipo de medicina?

3ª edición Concurso "As preguntas encadeadas"

Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.
2) O Concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar cinco preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta e tamén se exporá na entrada da biblioteca.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca. O prazo de entrega remata o venres de cada semana.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as cinco preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.

sábado, 23 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Como anos anteriores, aproveitamos que hoxe é o Día do Libro para presentar un número máis da revista Cole´s. Este ano presentamos dúas revistas: unha para os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e outra para os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria.
Decidimos facer dúas revistas nas que os contidos se axeiten máis aos grupos de nenos/as aos que vai dirixido, xa que o facer unha soa revista para toda a Educación Primaria os alumnos/as so podían facer algunhas páxinas da mesma.
Esperamos que vos guste e traballedes moito nela.

Cole´s ( 1º, 2º e 3º de Educación Primaria)

martes, 19 de abril de 2011

Mulleres Científicas




Catro alumnos/as de 3º de Educación Primaria estiveron facendo na clase de Atención Educativa un traballo de investigación sobre algunhas mulleres científicas.

Buscaron información sobre cinco mulleres ( Margarita Salas, Hipatia, Augusta Ada ...) e logo plasmaron o que descubriron en murais e nuns trípticos.


Traballaron moito e na foto podedes ver o resultado.

martes, 12 de abril de 2011

Formación de usuarios

Neste lipdub creado no IES Fontem Albei da Fonsagrada, tedes unha forma lúdica de aprender formación de usuarios.

jueves, 3 de febrero de 2011

viernes, 28 de enero de 2011

Lecturas de Matemáticas

Nesta guía o Departamento de Matemáticas presentamos unha selección de libros.