viernes, 25 de enero de 2019

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Toda esta semana estivemos preparando este día tan importante nas nosas vidas, a violencia está ao noso arredor dentro e fóra do centro.
Como este curso temos moi presente a poética na nosa biblioteca as mensaxes que se envíen estarán en forma de poema.
Outro poema integrará o mural á porta da biblioteca do centro.
Os voluntarios e voluntarias solidari@s lerán contos e poemas aos máis pequen@s con esta temática 
de paz, amor, amizade...
Haberá unha festa final onde se colocará a CADEA POLA PAZ con todas as siluetas humanas e os poemas por cursos. Cantarase a canción da Paz de Mamá Cabra e bailaremos xuntos pola Paz no mundo.
Tamén haberá outras iniciativas solidarias como:
-Recollida de tapóns para a axuda a un rapaz necesitado.
-Unha carreira pola Paz que quedará para máis adiante.
-Recollida de fondos para donar aunha ONG facendo doces para vender no recreo.