miércoles, 21 de diciembre de 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

O equipo de biblioteca recomenda estas lecturas para estas vacacións:

martes, 20 de diciembre de 2016

LECTURAS SOLIDARIAS

O voluntariado solidario adicou hoxe o tempo destinado a ler a outro tipo de lectura: a dos contos infantís. "El sastrecillo valiente"... foron lidos aos máis pequenos e estes agradecéronlle o agasallo cunha boa chea de aplausos.

jueves, 15 de diciembre de 2016

viernes, 2 de diciembre de 2016

CENTENARIO DAS IRMANDADES DA FALA

En colaboración co EDLG expoñemos obras literarias dos autores pertencentes a este movemento literario tan importante na nosa Historia para a recuperación da Lingua Galega. Tamén na entrada da biblioteca, o alumnado da ESO exporá uns murais explicativos para que os máis pequenos saiban da súa importacia.
                                                   

BUZÓN DE CORREOS

Queda instalada na biblioteca esta caixa de correos que animará ao alumnado a expresarse por escrito. Nesta época será a receptora das cartas ao Apalpador, Papá Noel e Reis Magos e posteriormente para facer chegar a outros receptores as nosas cuitas.

 

jueves, 1 de diciembre de 2016

VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistiu  a unhas charlas organizadas polo Concello de Coles na biblioteca do centro. Depois confecionaron murais con slogans contra esta violencia machista que, moi lonxe de desaparecer, segue a sacudirnos cada vez que acontece. Observáronse comentarios e xuízos de valor preocupantes por parte de alumnado do centro que confiamos en reconducir. Estes foron algúns dos murais:
A igualdade é o principio da xustiza
Non á violencia de xénero, porque hai unha muller na túa vida (nai, irmá ,filla...)
Non ao bullying


miércoles, 23 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Póñense en marcha as Mochilas Viaxeiras este curso. Nelas haberá libros (en galego, castelán e inglés), vídeos, un caderno, normas e un montón de ilusión. Os máis pequenos de Infantil levaban pedindo esta Mochila dende principio de curso, pero ata o de agora non tivemos tempo de atender a esta petición.



miércoles, 16 de noviembre de 2016

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe decidimos participar na convocatoria "Bibliotecas Escolares Solidarias", coa proposta de Voluntariado en Primaria. Algo que xa viñamos facendo en anos anteriores sen este recoñecemento.
Catorce alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participarán como voluntari@s para facer labores de colaboración na biblioteca, ler libros aos máis pequenos e aumentaremos o de sair fora do centro (residencias de maiores) tamén para lerlles aos maiores, unha nova experiencia!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA

Celebramos esta semana na nosa biblioteca cun cartel alusivo, unha exposición de libros sobre Ciencia e Tecnoloxía dos fondos existentes
invitando á súa lectura e unha proxección de vídeos na hora dos recreos.

TRABALLOS PREMIADOS

Premiáronse dous dos traballos presentados á biblioteca con motivo das Bibliotecas Escolares: unha é unha carta ao escritor favorito e outro un lema a favor das bibliotecas. Os premios ás obras artísticas aínda non serán concedidos porque seguen a ser presentados.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Como no ano anterior creamos un cartel, expuxemos os libros de medo, decoramos o espazo e tamén invitamos aos usuarios (alumnado de primaria) a unirse a nós para ver unha película alusiva á celebración na hora do recreo da mañá. Tamén recomendamos a lectura nestas festas.




 

martes, 25 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, Día da Bibliotecas Escolares

Para conmemorar esta data programamos varias actividades:
-confeción de marcapáxinas ergonómicos con lemas alusivos ás bibliotecas
-carta ao meu escritor favorito
-convocar un concurso para o noso territorio das artes onde se represente a nosa fonte (obra artística do escultor Antonio Faílde do que tomamos o nome)
 

lunes, 17 de octubre de 2016

CONCURSO "TRABALLA COAS MANS E COA CABEZA"


Bo día, queridos amigos e amigas!
Dende este lugar no que vivo invítovos  a todos e todas a unha nova experiencia:
Como este ano as Bibliotecas Escolares de toda Galicia  decidiron que estas sexan Territorio das Artes, nós que temos o nome do colexio dun artista da zona (Antonio Faílde) e tamén unha obra artística que nos regalou a súa familia (“Meniño a cabalo”) propóñovos que tentedes




Debuxar
Plasmar
Esculpir                             
                       A NOSA FONTE    
Reproducir
Moldear
Deseñar
                   CONCURSO 


     TRABALLA COAS MANS
               E COA CABEZA                                      Hai premios, anímate!
                                                                              Faildiño
          


             


                                                                         







viernes, 14 de octubre de 2016

PREMIO NOBEL DE LITERATURA

Hoxe todos os xornais escritos referíansean a el, e non está exento de polémica, que o Nobel de Literatura llo den a un cantante-compositor. Ocorre por primeira vez na historia destes premios.
E abre un novo debate sobre o que é Literatura con maiúsculas. As cancións de Bob Dylan son fermosos poemas sobre a vida, o amor, o desamor, a sociedade que lle tocou vivir... e se os poemas son Literatura por que non o van ser as cancións que son poemas musicados. Podemos lelos e escoitalos, como toda a poesía.
A biblioteca do centro fíxose eco da noticia con carteis e audicións.
 

viernes, 7 de octubre de 2016

ESTUDAMOS E COMENTAMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA

A finais do curso anterior elaboramos unha enquisa que lle pasamos aos usuarios da Biblioteca. Non houbo tempo de revisar os resultados daquela. Agora, despois do seu estudo chegamos ás seguintes conclusións:

CONCLUSIÓNS

Fan falla estudos máis potentes que impliquen a todos os membros da comunidade escolar pero, desta primeira aproximación que facemos para coñecer a nosa biblioteca e a opinión entre os usuarios alumnos de E. Primaria e de ESO, podemos concluír:
Un bo coñecemento tanto de actividades que programa a biblioteca como da infraestrutura.
En xeral, un alto grado de satisfacción dos nosos usuarios en todos os aspectos nos que foron preguntados.
A demanda de actualizar os fondos non só de títulos, tamén de formatos (ebooks, Cds, películas...) e facilitar o préstamo e o acceso a eles.
A necesidade de buscar camiños que permitan unha participación, unha presencia máis activa na toma de decisión, a adquisición dun maior protagonismo do noso alumnado.


miércoles, 5 de octubre de 2016

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos a andaina deste novo curso con ilusións renovadas despois do verán, pero cunha pésima noticia: o pasamento do noso (si, digo noso, porque tanto nos marabillaron as súas palabras que o sentimos moi dentro de nós) AGUSTÍN FDEZ PAZ.
Para homenaxealo creamos unha exposición con todas as obras que viven na nosa biblioteca e fotos de outras que non temos porque a súa producción foi  tan intensa que é imposible telas todas. Pero moi boa parte delas están aquí, esperando a ser parte de xeracións actuais e futuras, como xa foron doutras anteriores.
O mesmo día do seu pasamento escribíuse un bonito obituario no blog do club de lectura Amigos das Palabras:

miércoles, 13 de julio de 2016


AGUSTIN FDEZ. PAZ

Hoxe finou Agustín Fdez. Paz
A lúa de Vigo quedou feita un pano de bágoas e a literatura xeme orfa: o único que queda é o amor.
Moitas grazas, Agustin, por todo o que nos deches.
Vémonos nos libros. 



Pero antes xa estivemos traballando outros aspectos formais da biblioteca: facendo carnés para os novos lectores, confecionando guías de uso, formando novos axudantes e colaboradores, catalogando...

jueves, 23 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN e FESTIVAL FIN DE CURSO

Con este cartel despedimos o curso e recomendamos lecturas e libros para os vindeiros meses.
No festival Fin de Curso tamén houbo actuacións que naceron á calor da biblioteca, como o poema de Manuel María "O barco" en teatro de sombras, a representación de "Dona Carme" e a canción-sintonía de "El Quijote".


miércoles, 8 de junio de 2016

REVISTA FURAFOLLAS

A revista do cole xa está lista para ser lida. Na biblioteca quedará un exemplar para ser lida e consultada por quen queira. 32 páxinas a toda cor con actividades realizadas polo noso alumnado e profesorado

sábado, 4 de junio de 2016

VISITOUNOS YOLANDA CASTAÑO

O xoves dous de maio Yolanda Castaño deu un taller de poesía na nosa biblioteca. Encantoulle, sobre todo os títeres personaxes de "A Esmorga". Quedamos abraiados coa súa poesía e a súa maneira de recitar. Pero cando alguén entrou no seu facebook démonos conta de que tamén nós deixamos nela unha moi grata impresión. Isto é o que escribiu de nós:
Isto si que non o esperaba eu atopar no colexio que visitei esta mañá! Temos visto aulas que levaban o noso nome, murais en cartulinas, debuxos inspirados nos poemarios infantís, bandeirolas de benvida... pero nunca unha frase nosa nun comedor! "Os textos, coma a masa, trabállanse coas mans e coa cabeza" é algo que aparece no noso querido libro "Cociñando ao pé da letra. (Entra na literatura galega... ata a cociña)", premiado nos Gourmand Cookbook Awards, publicado pola marabillosa Andrea Costas e por min mesma no 2011 en Galaxia. Luce acompañado dun colorido mural no comedor do CPI Antonio Faílde de Cambeo - Coles (Ourense), centro que esta mañá me convidou a impartir un par de obradoiros de poesía no contorno dunha comunidade educativa súper riquiña e xenerosa comigo. Que sorpresas che abren as cociñas! Graciñas; menuda ilusión!                                                                                                               

miércoles, 25 de mayo de 2016

martes, 24 de mayo de 2016

TELEXORNAL FAILDIÑOS

Os/as alumnos/as de 5º de Educación Primaria realizaron un telexornal adicado ao poeta Manuel María.
Si premes na imaxe poderás velo.

https://www.dropbox.com/s/xjo1nra9zmc27xl/telexornal.wmv?dl=0

miércoles, 11 de mayo de 2016

VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Hoxe visitounos Miguel Ángel Alonso Diz, escritor e profesor.
Escribir e ensinar son as súas paixóns e pensa que a través de ambas pode axudar a construír un mundo mellor.
Gústanlle todas as linguas e en especial a súa, o galego, porque foi feita palabra a palabra polos nosos devanceiros. Tamén lle gusta porque é a lingua das sereas, das árbores, dos animais e das pedras e nela atopa toda a maxia do mundo. El di que é un soñador que non soña. Vive un soño!
Os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso de Primaria disfrutaron do seu conto "O soño de Esther". E os de 4º e 5º de "A nena que non deixaban ser feliz". Ao mesmo tempo que lle amosou como se fai un conto.