miércoles, 25 de mayo de 2016

martes, 24 de mayo de 2016

TELEXORNAL FAILDIÑOS

Os/as alumnos/as de 5º de Educación Primaria realizaron un telexornal adicado ao poeta Manuel María.
Si premes na imaxe poderás velo.

https://www.dropbox.com/s/xjo1nra9zmc27xl/telexornal.wmv?dl=0

miércoles, 11 de mayo de 2016

VISITA DO ESCRITOR MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Hoxe visitounos Miguel Ángel Alonso Diz, escritor e profesor.
Escribir e ensinar son as súas paixóns e pensa que a través de ambas pode axudar a construír un mundo mellor.
Gústanlle todas as linguas e en especial a súa, o galego, porque foi feita palabra a palabra polos nosos devanceiros. Tamén lle gusta porque é a lingua das sereas, das árbores, dos animais e das pedras e nela atopa toda a maxia do mundo. El di que é un soñador que non soña. Vive un soño!
Os rapaces e rapazas de 1º e 2º curso de Primaria disfrutaron do seu conto "O soño de Esther". E os de 4º e 5º de "A nena que non deixaban ser feliz". Ao mesmo tempo que lle amosou como se fai un conto.








domingo, 1 de mayo de 2016

"Os soños na gaiola" (MURAIS)

Os alumnos/as de Educación Infantil e Primaria realizaron uns estupendos murais da poesía que traballaron na clase e posteriormente recitaron o día da celebración do Día da Poesía.



 

VIDA E OBRAS DE MANUEL MARÍA