viernes, 20 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

A felicitación para este Nadal xurdíu do cartel enviado polo Equipo  de Bibliotecas Escolares a primeiros de curso, del fixemos unha árbore de Nadal recortando as diferentes escenas que representaban os diferentes espazos da biblioteca escolar.

VISITA DO APALPADOR

Xa pola tarde do último día de clase chegou o Apalpador. Anxo Moure, vello coñecido deste cole agasallounos coa súa presenza e coa do seu borriquiño. Contounos a súa historia e de como o Apalpador do Courel chegou a ser o Papá Noel despois de emigrar e chegar por error ata Laponia.
Rematou cun alegato ecoloxista para a protección das nosas árbores, fragas, rios e mares para loitar así contra o cambio climático.


 

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES

O voluntariado solidario, que cada ano que pasa é máis numeroso, preparou lecturas, unha obra de teatro e panxoliñas para os maiores desta residencia, a máis perto do colexio e do mesmo concello.

Coma sempre unha experiencia inesquecible.

RECOMENDACIÓNS PARA LER NO NADAL

No panel expositor da entrada do colexio expuxemos obras recomendadas polo alumnado voluntario da biblioteca. Eles mesmos decidiron recomendar as máis divertidas.

Decoramos o noso espazo cunha árbore de Nadal a tartires  dun cartel

miércoles, 18 de diciembre de 2019

CARTAS AO APALPADOR

É  a hora de pedir os nosos desexos para estas festas. Puxemos a figura do Apalpador á entrada da biblioteca e un modelo de carta que poden pedir para escribir ou debuxar os seus desexos.

Tamén intercambiamos felicitacións co colexio de Salvaterra do Miño, como no ano anterior. Todas a sclases de Infantil e Primaria confecionaron unha felicitación.

martes, 10 de diciembre de 2019

DEREITOS HUMANOS

Polo Día dos Dereitos Humanos e tamén os Dereitos do Nen@ limos e traballamos estes contos da nosa biblioteca e fixemos un cartel:


:

jueves, 5 de diciembre de 2019

INICIAMOS AS BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe comezamos a ler na biblioteca aos máis pequenos e tamén na clase de Infantil. Cada ano aumenta o numero de voluntarios solidarios e isto é unha satisfacción para o equipo de biblioteca que ve como o alumnado de 5º e 6º de Primaria está tan disposto a sacrificar os seus recreos en favor desta solidariedade. Os libros elexidos son contos dos nosos fondos,con moita imaxe e pouca letra e a interpretación forma parte da súa maneira de contalo.