jueves, 23 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN e FESTIVAL FIN DE CURSO

Con este cartel despedimos o curso e recomendamos lecturas e libros para os vindeiros meses.
No festival Fin de Curso tamén houbo actuacións que naceron á calor da biblioteca, como o poema de Manuel María "O barco" en teatro de sombras, a representación de "Dona Carme" e a canción-sintonía de "El Quijote".


miércoles, 8 de junio de 2016

REVISTA FURAFOLLAS

A revista do cole xa está lista para ser lida. Na biblioteca quedará un exemplar para ser lida e consultada por quen queira. 32 páxinas a toda cor con actividades realizadas polo noso alumnado e profesorado

sábado, 4 de junio de 2016

VISITOUNOS YOLANDA CASTAÑO

O xoves dous de maio Yolanda Castaño deu un taller de poesía na nosa biblioteca. Encantoulle, sobre todo os títeres personaxes de "A Esmorga". Quedamos abraiados coa súa poesía e a súa maneira de recitar. Pero cando alguén entrou no seu facebook démonos conta de que tamén nós deixamos nela unha moi grata impresión. Isto é o que escribiu de nós:
Isto si que non o esperaba eu atopar no colexio que visitei esta mañá! Temos visto aulas que levaban o noso nome, murais en cartulinas, debuxos inspirados nos poemarios infantís, bandeirolas de benvida... pero nunca unha frase nosa nun comedor! "Os textos, coma a masa, trabállanse coas mans e coa cabeza" é algo que aparece no noso querido libro "Cociñando ao pé da letra. (Entra na literatura galega... ata a cociña)", premiado nos Gourmand Cookbook Awards, publicado pola marabillosa Andrea Costas e por min mesma no 2011 en Galaxia. Luce acompañado dun colorido mural no comedor do CPI Antonio Faílde de Cambeo - Coles (Ourense), centro que esta mañá me convidou a impartir un par de obradoiros de poesía no contorno dunha comunidade educativa súper riquiña e xenerosa comigo. Que sorpresas che abren as cociñas! Graciñas; menuda ilusión!