lunes, 26 de abril de 2010

Concurso As preguntas encadeadas


Solución á segunda pregunta: O autor do prólogo de Seis poemas galegos foi Blanco-Amor e a súa primeira novela, La catedral y el niño.
De novo averiguaron a resposta: Miguel López (3ºB), Pilar Pérez (4ºB), Nieves Rodríguez (4ºA) e Lucía Rodríguez (4ºB).

3ªPregunta: Blanco-Amor escribiu La catedral y el niño pensando na catedral dunha cidade galega. En que século comezou a construción desta catedral? A que estilo artístico pertence?






jueves, 22 de abril de 2010

23 de Abril : Día do Libro

Hoxe, aproveitando que é o Día do Libro, presentamos un número máis da revista "Cole´s". Este ano presenta algunha actividade de búsqueda de información e outras actividades similares ao número do ano pasado. Esperamos que disfrutedes moito coas actividades que vos propón.
Tamén convocamos un concurso de búsqueda de información que chamamos "Como andas en cultura galega" para os alumnos/as de 3º ciclo de Educación Primaria. Teredes que responder correctamente 15 preguntas sobre a nosa cultura ( música, cine, TV, literatura ).
Os tres primeiros alumnos que entreguen as respostas correctamente recibirán como premio unha película, un CD de música ou un libro.

Concurso: Como andas en cultura galega?

Revista Cole´s

lunes, 19 de abril de 2010

Concurso As preguntas encadeadas

Solución á primeira pregunta: O poeta andaluz era Federico García Lorca e o título do poemario, Seis poemas galegos.
Averiguaron a resposta:
Miguel López (3ºB)
Nieves Rodríguez (4ºA)
Pilar Pérez (4ºB)
Lucía Rodríguez (4ºB)

2ª Pregunta: O prologuista de Seis poemas galegos foi un célebre escritor galego. En 1948 publicou en Bos Aires a súa primeira novela. Como se chamaba ese escritor? Cal é o título desa obra?



lunes, 12 de abril de 2010

1ª Pregunta Concurso As preguntas encadeadas


Enlazamos esta pregunda coa solución da última cuestión da edición anterior: Dali foi o pintor surrealista que colaborou con Buñuel na película "Un perro andaluz".
Dali e Buñuel coñeceron na Residencia de Estudiantes de Madrid a un famoso poeta e dramaturgo andaluz da Xeración do 27. Este escritor publicou unha colección de poemas en galego. Cal é o título dese poemario?


2ª Edición Concurso As preguntas encadeadas

Convocamos unha nova edición do concurso As preguntas encadeadas coas mesmas bases que o curso anterior:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar sete preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog da biblioteca unha pregunta e tamén se exporá na porta da biblioteca.
5) Os alumnos terán ata o venres desa mesma semana para atopar a resposta. As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as sete preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.