viernes, 25 de marzo de 2022

21 de marzo: Día da poesía.
O día 21 de marzo celebramos "o día da poesía". O alumnado da ESO traballou con varios poemas da súa escolla, que decoraron para posteriormente realizar un mural no que mostrar os seus traballos. 

Velaquí tedes o resultado:  


Aquí podedes ver unha mostra máis detallada dos poemas escollidos:


jueves, 17 de marzo de 2022

semana da prensa

Do 7 ao 11 de marzo celebramos a semana da prensa, para o cal deseñamos unha escolma de actividades para que puideran traballar en todos os niveis educativos, utilizando os periódicos como punto de partida para a súa realización. 

Estes son algúns exemplos:

 


 

     
 

Ademais tamén aproveitamos a coincidencia do 8-M coa semana da prensa, para propoñer unha actividade titulada: "A muller da miña vida", na que os nenos e nenas debuxaban a muller máis importante para eles sobre papel de periódico, para logo facer unha exposición dos seus traballos no "hall" da biblioteca. 

 

Excelente traballo!!!📰😍👏👏
 

miércoles, 16 de marzo de 2022

 8-M: día da muller traballadora.

O 8 de marzo é un día moi especial para todos aqueles que loitamos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Por iso, desde a biblioteca escolar, propuxemos unha serie de actividades para concienciar ao noso alumnado da necesidade de seguir a traballar en prol dos dereitos das mulleres que aínda quedan por acadar. 

Para comezar, realizamos a actividade: "A muller da miña vida", na que os/as nenos/as tiñan que debuxar a muller máis importante para eles, para despois realizar unha exposición dos traballos no "hall" do centro. 

Na actividade participau todo o noso alumnado, non soamente os maiores da ESO e Primaria, senón tamén os pequenos de Infantil: 

Estes é unha pequena mostra dos traballos que realizaron os/as alumnos/as con todo o seu agarimo:

 

 E así quedou a nosa exposición: 

 O alumnado da Eso recibiu a visita da árbitra ourensá de primeira división de fútbol feminino, Zuleima González,  que falou da problemática coa que se ten que enfrontar a diario nun mundo onde o machismo aínda se manifesta en actitudes tales como a fenda salarial que existe entre árbitros e árbitras da mesma categoría ou os insultos machistas que ten que escoitar a diario. 

Unha charla que nos recorda que, a pesar dos logros conseguidos, aínda queda un longo camiño que percorrer ata acadar unha igualdade plena entre os sexos. 

Moitas grazas por unha charla tan enriquecedora!!!

 

Ademais, non esquecemos a parte reivindicativa deste día. Velaquí tedes algúns dos carteis que elaboraron na ESO para a participación na manifestación que tivo lugar pola tarde.