sábado, 28 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA, DA AUGA, DO TEATRO...

Todo adiado pola pandemia. Nestes días loucos aínda nos quedan algúns medios de comunicación para mencionalos e facernos reflexionar sobre eles.

 

 

viernes, 20 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

Estas son as actividades realizadas a día de hoxe: carteles e taller de pintado de camisetas






Tiñamos pensado rematar cunha manifestación de todo o centro para o venres 13 pero o coronavirus impedíuno. Era unha reunión de tod@s coas camisetas pintadas para a ocasión cun símbolo e unha palabra ou lema en galego cantando a canción de Guadi Galego "Matriarcas".
 

lunes, 9 de marzo de 2020

CONTACONTOS

A actriz de teatro Sabela Gago tamén nos visitou na biblioteca para amenizar aos máis pequenos. O alumnado de Infantil, 1º e 2º cursos de Primaria disfrutaron dun momento divertido coas historias maravillosas e sorprendentes desta muller que non é a primeira vez que temos o gusto de tela con nós.
O conto ten como protagonista a un neno aburrido de  continuo que acabou por divertirse cando lle regalan un lápiz máxico que funciona coa imaxinación.