viernes, 22 de diciembre de 2017

CALENDARIO 2018

FELICITACIÓN DE NADAL E ALMANAQUE


En colaboración co EDLG confecionamos un calendario para o ano 2018 con fotografías dos nosos traballos en ambas as dúas facetas.

miércoles, 20 de diciembre de 2017

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS NO NADAL

Hoxe comezaron a dar froitos os ensaios para ler con...
O alumnado voluntario percorreu as clases de Infantil para lerlle aos máis pequen@s os contos que tiñan preparados para esta ocasión. Recibiron moitos aplausos e prometeron voltar noutra ocasión con máis propostas.

 

 

lunes, 18 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Tríptico creado para a ocasión:



miércoles, 13 de diciembre de 2017

RESULTADO DO CONCURSO "DENUNCIA A VIOLENCIA DE XÉNERO CON MÜSICA"

Ante os traballos presentados estas foron as gañadoras:
             PREMIADAS NO CONCURSO
   Denuncia a violencia de xénero con música
             Alexia Sánchez Vázquez 3º ESO
                  Canción: Chula de La Furia
            Victoria Rodríguez Veloso 3º ESO
                  Canción: Animals de Maroons
            Lucía Diz López 1º A ESO
                  Canción: Ella de Bebe
Os premios serán CDs de artistas que loitan contra esta lacra.
 

martes, 5 de diciembre de 2017

ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN


Esta actividade, tal e como estaba programada, levouse a cabo na clase de Educación Física, co alumnado de 6º de Primaria e polo patio do colexio. O alumnado orientado por  unha brúxula tivo que ir resolvendo pistas preparadas polo profesorado dos distintos departamentos, para chegar ao seu destino. Unha divertida e gratificante actividade que servíu para tratar este tema.

Explicación da actividade:
5 pistas escondidas polas instalacións do colexio, cada unha delas lévanos á seguinte. En cada unha delas hai probas das diferentes áreas do currículo. Por cada proba superada son 5 puntos e máis pistas para que a seguinte sexa máis sinxela. Os dous grupos de sexto competiron en momentos diferentes e os resultados foron:
6º A...17 minutos 35 puntos
6ºB...19 minutos e 40 puntos

sábado, 25 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO

Esta data contra a violencia de xénero é unha obriga moral resaltala, para iso, ademáis do concurso de cancións contra esta lacra, tamén realizamos outro tipo de actividades pedagóxicas:
-Murais explicativos con mensaxe.
-Busca de chistes machistas para analizalos.
-Visita ao IES de Vilamarín para realizar traballos igualitarios.
-Seleción de libros existentes na biblioteca para aprender máis deste tema.
-Mural expositor para ter esta lacra sempre presente.

                                                    




viernes, 24 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA (III)


Continuamos coas actividades planificadas para a conmemoración desta data.
Esta semana estivemos encantad@s coa visita dun PLANETARIO que encandilou a grandes e pequenos. Coa axuda económica da AMPA do noso centro e da nosa propia conseguimos traer ao colexio esta marabillosa forma  de coñecemento científico. Adaptado a todos os niveis este foi o programa:
 

domingo, 19 de noviembre de 2017

EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS (II)

Ademáis de ver videos con experimentos científicos tamén experimentamos nós na nosa biblioteca.
Os dous grupos de 4º de Primaria  viron e experimentaron coa PRESIÓN.

viernes, 10 de noviembre de 2017

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA (I)

Para celebrar este mes ideamos unha manchea de actividades. Ademáis da exposición na biblioteca de libros científicos co seu cartel anunciador, proxectamos vídeos sobre Darwin e a orixe das especies, tamén sobre Fontán, o primeiro XPS, etc...,  realizaremos experimentos científicos e actividades de orientación e, como colofón, unha grande cúpula cósmica ensinaranos en 3D filmes sobre CIENCIA.

martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN

A celebración do Samaín ou Halloween cada ano é máis popular. Así todas as actividades que se programan teñen moito éxito: o taller de cabazas, o taller de maquillaxe, o visionado de contos de medo na biblioteca, os xogos de medo...Este ano incluímos coa colaboración do EDLG un concurso de contos de medo (algúns deles léronse na biblioteca) e que logo formarán parte dun libro que tamén quedará na biblioteca para poder ler todos e cando se queira.








martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos este día poñendo en marcha as Mochilas Viaxeiras. Este ano viaxarán cara os fogares do alumnado de Infantil (4 mochilas), para 1º, 2º,3º e 4º de primaria (6 mochilas). Nelas irán libros nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), un DVD, unha guía de instruccións e un caderno para que eles e as súas familias argallen xuntos e nos dean propostas de mellora.
Tamén se celebrou hoxe a primeira reunión do Club de Lectura  para alumnado e profesorado de Secundaria coa proposta de lecturas sobre A Muller.
Ademáis a Biblioteca acolleu a visita dunha representación de ex parlamentarios ourensáns que explicaron ao alumnado de 3º e 4º de ESO o funcionamento do Parlamento Galego. Deixáronnos libros e DVD como agasallo.
Decoramos a porta da nosa Biblioteca facendo visible o cartel co lema das Bibliotecas Escolares.


martes, 17 de octubre de 2017

CONCURSO

Para a celebración do Día Contra a Violencia de Xénero convocamos un concurso: