martes, 2 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN 

O Samaín é unha das datas que celebramos por todo o alto no noso colexio e este ano non ía ser menos a pesar das restriccións. 

Desde o equipo de biblioteca, propuxemos unha actividade de investigación sobre varios personaxes de terror pertencentes á tradición oral galega: as meigas, a santa compaña, o urco, o home do saco, a lavandeira da noite, o lobisome, as serpes, os trasnos, os mouros e as mouras. Cada clase escolleu un dos personaxes para facer un pequeno traballo de investigación en grupo e preparou unha breve exposición oral e, ademais, cada aula decorou a porta co personaxe escollido. A biblioteca tamén puxo á disposición dos distintos grupos tanto os fondos que temos sobre o tema, como os ordenadores para buscar infomación. 

 O día do Samaín, o alumnado foi rotando polas distintas aulas para falar do personaxe que lles tocou e facer partícipe ao resto do colexio da súa investigación. 

Así quedaron as portas do cole: 

Esta é unha pequena mostra das exposicións orais que realizaron os nosos alumnos e alumnas:

Nos días previos decoramos o hall e a biblioteca para ir ambientando o centro e colaborar co resto das aulas.

Ademais diso, o día do Samaín, houbo varias sesións de contacontos na biblioteca para os máis pequenos, que aproveitaron a ocasión para disfrutar dos contos que seleccionamos para eles coa temática propia desta data.