jueves, 28 de abril de 2016

PROXECTO: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Os alumnos/as de 5º de E.P. realizaron un traballo sobre animais en perigo de extinción na Península Ibérica.
Fixérono sobre os seguintes animais: valencia hispánica, foca monxe, sapo de Mallorca, lince ibérico, águia imperial e oso pardo.
Tiveron que buscar información sobre as súas características máis destacadas, alimentación, hábitat, ameazas que sofren e buscar si se está tomando algunha medida para evitar a extinción destes animais.
 Coa información recollida fixeron unha presentación en PowerPoint de cada animal e expuxeron o seu traballo aos demáis compañeiros.

Oso pardo

Águia imperial

Lince ibérico

Sapo de Mallorca

Foca monxe

Valencia hispánica

viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Celebramos este día por adiantado, xa que coincide en sábado, e continuaremos toda a semana que vén con actividades:
-Exposición de "LIBROS CHULOS" por toda a biblioteca.
-Visionado na bibliteca no tempo dos recreos do libro de Manuel María "Os bigotes de Mimí" narrado polo alumnado.
-Confeción de marcapáxinas.
-Agasallo de marcapáxinas a todos os alumnos e alumnas.
-Lectura de "Don Quijote de la Mancha" (fragmentos adaptados)
-Confeción de murais colocados polos corredores con preguntas sobre Don Quijote para estimular a creatividade que terá que contestalas imaxinando...
-Confeción de banderíns que adornarán a biblioteca con frases e pensamentos de autores célebres.











viernes, 8 de abril de 2016

SEMANA DA PRENSA

Tamén participamos na Semana da prensa, Infantil e Primaria realizaron actividades relativas a esta celebración. Dende a biblioteca proporcionamos material para esta ocasión.
 

jueves, 7 de abril de 2016

MES DE ABRIL, MES DO LIBRO

O día 23 de abril celébrase o Día do Libro pero na nosa biblioteca, como non podía ser menos, é o noso útil de traballo, darémoslle un mes, cunha exposición de "LIBROS CHULOS", contacontos, obradoiros...
Hoxe mesmo visitounos unha contacontos para Infantil,1º, 2º, 3º e 4º cursos de Primaria, Susa Herrera. Ela é a autora dos libros "Cantos animais" e "En Cabárceno se sigue cantando"



viernes, 1 de abril de 2016

DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Outro día para celebrar.

Contamos coa visita dunha contacontos que fixo as delicias dos máis pequenos:"O camaleón multicor" para Infantil e "Irene e o garabato" para 1º ciclo de Primaria