miércoles, 30 de noviembre de 2022

Primeros auxilios na biblio. 💉💊🔬

Ante o éxito que tivo o obradoiro de primeiros auxilios o curso anterior, este ano decidimos repetir a experiencia. 

O obradoiro consistiu nunha parte teórica, na que se avalían os coñecementos previos do alumnado, e outra parte práctica na que os nenos e nenas realizan as técnicas que están a aprender: vendaxes, colocación en posición de seguridade, RCP, tratamento de queimaduras...


 

lunes, 28 de noviembre de 2022

25-N

 O 25  de novembro celebramos os día da non violencia contra a muller.  

Desde a biblioteca elaboramos un mural para colocar na entrada do centro e aproveitamos a nosa árbore de mulleres Bravx da nosa historia.

Tamén propuxemos unha chea de actividades reivindicativas para este día, que quedaron expostas por todo o centro escolar. 


Pero ademais, o noso alumnado tamén quixo participar activamente nesta xornada como mostran as imaxes.
 


viernes, 11 de noviembre de 2022

                   🔥🔥 🌰🌰🌰  O MAGOSTO 🌰🌰🌰🔥🔥

Con motivo da celebración do magosto, os nenos de infantil trouxéronnos varios agasallos que deixamos expostos na nosa biblioteca.

A partir do libro: "O desenvolvemento dunha castaña", os nenos e nenas de infantil fixeron varias manualidades tecendo con la e empregando materiais de reciclaxe. 

Os traballos quedaron moi vistosos!


miércoles, 2 de noviembre de 2022

         conxuro máxico na biblioteca. 

Para rematar a nosa celebración de Samaín na biblioteca, fixemos un conxuro máxico cuns ingredientes un tanto especiais, xa que necesitamos unhas cantas partes do corpo dunha bruxa, para que o noso conxuro tivera o seu efecto. 


Imos ver se funcionou. 




  concurso de relatos de terror.

Seguindo o lema das bibliotecas escolares deste ano: "escribir a biblioteca escolar" , fixemos un concurso de relatos de terror. O día de Samaín o alumnado gañador contoulle os seus ralatos ao resto dos compañeiros.



















Estes foron os relatos elexidos: 

"A cabaza maldita", escrito por Nico, de 3º de primaria: 


"Una noche inolvidable", escrito por Erea, de 3º de primaria:
 

"As ratas asasinas", escrito por Roi e Alejandra, de 4º de primaria: 


"Historia dun castelo", escrito por Enya e Izan, de 4º de primaria:


"Laughing Jack", escrito por Amine, de 5º de primaria: 



"Unha noite de Samaín", escrito por Manu, de 5º de primaria: 

"Encontreite", escrito por Marco, de 6º de primaria: 


"A moza paranormal", escrito por Anxo, de 6º de primaria: 


"O bosque tenebroso", escrito por Xandre, de 6º de primaria. 



Moitas grazas aos narradores e, por suposto, a todos os que participastes no concurso,👏👏👏👏