lunes, 26 de junio de 2017

FIN DE CURSO

E ata aquí deu de sí este curso. Os últimos días pasamos a enquisa ao profesorado e puxemos en orde o noso espazo, recollimos exposicións e os libros prestados, prestamos outros para o verán ...e coa satisfación do deber cumprido. Agora precisamos dunhas ben merecidas vacacións.
Ata pronto!

miércoles, 14 de junio de 2017

XORNAL ESCOLAR CON PREMIO

No concurso de xornais escolares convocado por La Región o alumnado de 2º A de Primaria  deste colexio conseguíu o premio na súa categoría. Ademáis de redactar en galego e de saber como é un xornal irán de festa, porque ese é o premio para os gañadores ... e a súa publicación en dito xornal.
Parabéns para os nenos e nenas e tamén para a súa profesora. 

TÍTERES

A profesora de Educación Infantil Lourdes Figueiral, membro do equipo de biblioteca, preparou esta representación con títeres.

https://www.dropbox.com/s/rmiw1amzojd9lc2/video%20titeres.MOV?dl=0

 

jueves, 8 de junio de 2017

O NOSO LIBRO




O libro que comezou a rodar polos diferentes cursos e grupos xa está moi avanzado. Esperamos que ao  remate deste curso poida estar listo na nosa biblioteca para disfrute de tod@s.

miércoles, 7 de junio de 2017

FURAFOLLAS 2017

A revista do colexio elaborada polo EDLG tamén ten axuda do equipo da biblioteca. Pódese ler na páxina web do centro.                                                                            

lunes, 5 de junio de 2017

VISITA DE ISAAC ALONSO ESTRAVIZ

Isaac Alonso Estraviz, profesor universitario cun currículo impresionante e un sinfín de publicacións, veu facernos unha visita moi agradable.
Escoitámolo alumnado e profesorado de Primaria e algún de Secundaria. Falounos da súa infancia (cando non se podía falar en galego e el era o único idioma que sabía), da importancia do da nosa fala, do éxito do seu dicionario (con miles e miles de entradas) e relatounos contos e adiviñas.
 Unha visita moi edificante!

jueves, 1 de junio de 2017

VISITA DE NÚÑEZ SINGALA

Continúan as visitas de escritores en lingua galega á nosa biblioteca e que forman parte da nosa homenaxe ás Nosas Letras. Hoxe tocoulle o turno a Manuel Núñez Singala, novelista  e árduo defensor do galego. Falounos da importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!
 Pero sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
O noso alumnado agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do galego, baseada nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.