miércoles, 5 de octubre de 2016

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos a andaina deste novo curso con ilusións renovadas despois do verán, pero cunha pésima noticia: o pasamento do noso (si, digo noso, porque tanto nos marabillaron as súas palabras que o sentimos moi dentro de nós) AGUSTÍN FDEZ PAZ.
Para homenaxealo creamos unha exposición con todas as obras que viven na nosa biblioteca e fotos de outras que non temos porque a súa producción foi  tan intensa que é imposible telas todas. Pero moi boa parte delas están aquí, esperando a ser parte de xeracións actuais e futuras, como xa foron doutras anteriores.
O mesmo día do seu pasamento escribíuse un bonito obituario no blog do club de lectura Amigos das Palabras:

miércoles, 13 de julio de 2016


AGUSTIN FDEZ. PAZ

Hoxe finou Agustín Fdez. Paz
A lúa de Vigo quedou feita un pano de bágoas e a literatura xeme orfa: o único que queda é o amor.
Moitas grazas, Agustin, por todo o que nos deches.
Vémonos nos libros. 



Pero antes xa estivemos traballando outros aspectos formais da biblioteca: facendo carnés para os novos lectores, confecionando guías de uso, formando novos axudantes e colaboradores, catalogando...