Isto si que non o esperaba eu atopar no colexio que visitei esta mañá! Temos visto aulas que levaban o noso nome, murais en cartulinas, debuxos inspirados nos poemarios infantís, bandeirolas de benvida... pero nunca unha frase nosa nun comedor! "Os textos, coma a masa, trabállanse coas mans e coa cabeza" é algo que aparece no noso querido libro "Cociñando ao pé da letra. (Entra na literatura galega... ata a cociña)", premiado nos Gourmand Cookbook Awards, publicado pola marabillosa Andrea Costas e por min mesma no 2011 en Galaxia. Luce acompañado dun colorido mural no comedor do CPI Antonio Faílde de Cambeo - Coles (Ourense), centro que esta mañá me convidou a impartir un par de obradoiros de poesía no contorno dunha comunidade educativa súper riquiña e xenerosa comigo. Que sorpresas che abren as cociñas! Graciñas; menuda ilusión!
