Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistiu a unhas charlas organizadas polo Concello de Coles na biblioteca do centro. Depois confecionaron murais con
slogans contra esta violencia machista que, moi lonxe de desaparecer, segue a sacudirnos cada vez que acontece. Observáronse comentarios e xuízos de valor preocupantes por parte de alumnado do centro que confiamos en reconducir. Estes foron algúns dos murais:
A igualdade é o principio da xustiza
Non á violencia de xénero, porque hai unha muller na túa vida (nai, irmá ,filla...)
Non ao bullying