BRAVXS
Ante a proximidade do 8-M, desde o equipo de biblioteca propuxemos realizar unha xincana aproveitando o material enviado pola universidade de Vigo, que leva por título: "Mulleres Bravxs da nosa historia" e que ten como principal obxectivo poñer en valor o papel de absoluta relevancia de mulleres que destacaron en distintos eidos do saber: ciencia, matemáticas, tecnoloxía, literatura...
Para realizar a xincana, colocáronse as tarxetas en distintas localizacións do colexio e repartiuselles aos alumnos e alumnas unha batería de preguntas que debían resolver no menor tempo posible.
Unha vez divididos os alumnos en grupos, debían ir polo centro buscando a información requerida ata completar a información a modo de competición. A finalidade non era tan so completar as preguntas no menor tempo posible, senón tamén a exactitude á hora de elaborar as respostas.
A actividade resultou ser todo un éxito!!! 👏👏👏