Día de Rosalía.
O 23 de febreiro é unha data de especial relevancia no noso centro, xa que celebramos o aniversario da que é quizais a escritora máis relevante da nosa literatura.
Seguindo o lema escollido este ano polas bibliotecas escolares: "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quixemos darlle relevancia ao recitado de poemas ademais dos traballos escritos sobre a autora, polo que propuxemos un poema para que recitara cada aula..
Velaquí tedes algún exemplo dos resultados:
"ALBORADA": 4º B de primaria.
" AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES": 4º A de primaria.
"NACÍN CANDO AS PLANTAS NACEN": 3º de primaria.
"HAS DE CANTAR MENIÑA": 1º de primaria.
"O MOUCHO": Infantil.
Ademais do recitado de poemas, tamén espuxemos na biblio os traballos que realizou o noso alumnado.
Tamén aproveitamos que nesta semana celebramos o Entroido e incluímos unha máscara de Rosalía nos mandados do Faildiño, que propoñemos todos os anos desde a biblioteca:
E, por último, como non podería ser doutra maneira, fixemos a selección acostumada de libros para o uso do alumnado e profesorado na elaboración dos traballos: