miércoles, 16 de marzo de 2022

 8-M: día da muller traballadora.

O 8 de marzo é un día moi especial para todos aqueles que loitamos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Por iso, desde a biblioteca escolar, propuxemos unha serie de actividades para concienciar ao noso alumnado da necesidade de seguir a traballar en prol dos dereitos das mulleres que aínda quedan por acadar. 

Para comezar, realizamos a actividade: "A muller da miña vida", na que os/as nenos/as tiñan que debuxar a muller máis importante para eles, para despois realizar unha exposición dos traballos no "hall" do centro. 

Na actividade participau todo o noso alumnado, non soamente os maiores da ESO e Primaria, senón tamén os pequenos de Infantil: 

Estes é unha pequena mostra dos traballos que realizaron os/as alumnos/as con todo o seu agarimo:

 

 E así quedou a nosa exposición: 

 O alumnado da Eso recibiu a visita da árbitra ourensá de primeira división de fútbol feminino, Zuleima González,  que falou da problemática coa que se ten que enfrontar a diario nun mundo onde o machismo aínda se manifesta en actitudes tales como a fenda salarial que existe entre árbitros e árbitras da mesma categoría ou os insultos machistas que ten que escoitar a diario. 

Unha charla que nos recorda que, a pesar dos logros conseguidos, aínda queda un longo camiño que percorrer ata acadar unha igualdade plena entre os sexos. 

Moitas grazas por unha charla tan enriquecedora!!!

 

Ademais, non esquecemos a parte reivindicativa deste día. Velaquí tedes algúns dos carteis que elaboraron na ESO para a participación na manifestación que tivo lugar pola tarde.